s.Oliver Würzburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «DJK Würzburg»)
s.Oliver Würzburg
Información xeral
Liga BBL
Fundación 2007
Historia SCH Würzburg Baskets (2007–10)
s. Oliver Baskets (2010–2016)
Cores                Vermello, branco, negro
Presidente Alemaña Steffen Liebler
Adestrador Alemaña Denis Wucherer
Patrocinador s.Oliver
Localización
Cidade Alemaña Würzburg, Alemaña
Pavillón s.Oliver Arena
Capacidade 3 140
Inauguración 1981
soliver-wuerzburg.de

O s.Oliver Würzburg, antes coñecido como s.Oliver Baskets, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Würzburg, Baviera. O club foi fundado no ano 2007 coa idea de seguir o legado do club orixinal da cidade, o DJK Würzburg, equipo afiliado á DJK-Sportverband e á igrexa católica alemá. Da canteira deste club xurdiron os exxogadores da NBA Dirk Nowitzki e Maxi Kleber. Actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus partidos como local no s.Oliver Arena, pavillón con capacidade para 3 140 espectadores.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A DJK-Sportverband (do alemán: Asociación Deportiva da Forza Xuvenil Alemá) foi fundada o 16 de setembro de 1920 en Würzburg. Esta asociación está afiliada á igrexa católica alemá. Durante o Terceiro Reich, o goberno prohibiu a filiación a esta sociedade. Despois da segunda guerra mundial, a DJK retomou a súa actividade, contando hoxe con máis de 3000 membros. A sección de baloncesto do club gañou fama na década de 1990, xa que tanto o equipo feminino como o masculino conseguiron acadar a Basketball Bundesliga (BBL), a máxima división do baloncesto en Alemaña. No caso do equipo masculino, conseguiu ascender en 1997 con Dirk Nowitzki no equipo. En 2001, a DJK converteu o seu equipo masculino de baloncesto nunha entidade privada, agora coñecida como Würzburg Baskets, para capitalizar o seu crecemento como equipo profesional de baloncesto. Porén, en 2005 o club renunciou ao seu posto na BBL e o club deixou de competir.

En 2007, o empresario estadounidense Jochen Bähr adquiriu os dereitos para participar cun equipo de Würzburg na RegionalLiga, cuarta categoría do baloncesto no país, co obxectivo de chega á elite en poucas temporadas. O equipo recibiu o nome de SCH Würzburg Baskets. En 2010, o club adoptou o nome de s.Oliver Baskets e, ao ano seguinte, conseguiu o ascenso á BBL. Na súa primeira temporada na máxima categoría, o equipo alcanzou as semifinais polo título, despois de vencer ao Alba Berlin por 3−1 na serie de cuartos de final dos playoffs. En 2012−13 o club xogou en Europa por primeira vez, concretamente na Eurocup. Con todo, ao ano seguinte o equipo perde a categoría, descendendo á ProA. Este paso pola segunda división foi rápida, xa que inmediatamente volveron ao primeiro nivel. Na temporada 2015-16 acadaron o oitavo lugar, clasificándose así para os playoffs por segunda vez despois de 2012. En cuartos de final, o equipo foi eliminado polo futuro campión de liga Brose Baskets, perdendo todos os partidos con polo menos unha marxe de 35 puntos. O 15 de xullo de 2016 o equipo mudou o seu nome de "s.Oliver Baskets" a "s.Oliver Würzburg" para reforzar a identificación do equipo coa cidade. Na temporada 2018-19, o Würzburg xogou a FIBA Europe Cup e chegou á final. Porén, perdeu na mesma ante o Dinamo Sassari.

Temporadas[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. Copa Europa
2007–08 4 RegionalLiga
2008–09 4 RegionalLiga
2009–10 3 ProB
2010–11 2 ProA
2011–12 1 Bundesliga
2012–13 1 Bundesliga 2 Eurocup
FR
3–3
2013–14 1 Bundesliga 17º
2014–15 2 ProA
2015–16 1 Bundesliga
2016–17 1 Bundesliga 14º
2017–18 1 Bundesliga 4 FIBA Europe Cup
RC1
1–1
2018–19 1 Bundesliga 4 FIBA Europe Cup
F
Subcampións
2019–20 1 Bundesliga Oitavos de final
2020–21 1 Bundesliga 16º Fase de grupos

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

A seguinte é unha lista de xogadores destacados tanto do DJK Würzburg como do s.Oliver Würzburg.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "S.Oliver Arena". yellow.place (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]