DC-X
| DC-X / DC-XA / Delta Clipper | |
|---|---|
| Función | Experimental |
| país de orixe | Estados Unidos |
| Tamaño | |
| altura | 11,89 m (DC-X), 12,60 (DC-XA)[1][2] |
| diámetro | 3,05 m (DC-X), 4,95 m (DC-XA)[1][2] |
| Etapas | 1[1][2] |
| Lanzamento históricos | |
| Estado | Retirado[1][2] |
| Sitios | Zona de mísiles de White Sands[1][2] |
| Total de lanzamentos | 12[1] |
| exitosos | 11[1] |
| fallos | 1[1] |
| Voo inaugural | 18 de agosto de 1993[1] |
| Último voo | 31 de xullo de 1996[1] |
| Primeira etapa – DC-X / DC-XA | |
| masa cheo | 16.320 kg (DC-X), 19.000 kg (DC-XA)[1][2] |
| impulsado por | 4 RL-10A-5[1][2] |
| potencia máxima | 242,0 kN[1][2] |
| propelente | Osíxeno líquido e hidróxeno líquido[1][2] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
DC-X e a súa evolución, DC-XA (DC por Delta Clipper e X por experimental) foi un foguete experimental dos Estados Unidos probado entre 1993 e 1996.[1][1][3]
Características
[editar | editar a fonte]O DC-X foi o resultado dun programa da oficina da Iniciativa de Defensa Espacial na busca dun foguete que puidera acceder ao espazo usando unha soa etapa. O vehículo foi proposto por McDonnell-Douglas, gañando o concurso de propostas lanzado pola organización gobernamental. O DC-X era a versión a escala 1/3 dun hipotético prototipo (o DC-Y) que sería capaz de chegar a órbita e que nunca chegaría a ser construído. O propósito do foguete era probar varios conceptos relacionados co uso dunha única etapa e demostrar a súa viabilidade, para o cal se fixeron probas na zona de mísiles de White Sands. Os voos de proba levaron ao vehículo a alturas progresivamente maiores ata chegar aos 5500 m. Durante o oitavo voo o casco do foguete rachou ao aterrar bruscamente. O foguete foi reparado e mellorado, dando lugar ao DC-XA, que foi usado pola NASA no programa de vehículos reutilizables ata que no seu cuarto voo o foguete resultou practicamente destruído, poñéndose fin ao programa.[1][2][3]
A forma do DC-X era cónica, de 4,1 m de diámetro na base e case 12 m de altura e unha masa en baleiro de 9100 kg. O DC-XA era lixeiramente máis grande e menos pesado, con mellores prestacións.[1][2][3]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]| Voo[1][3] | Data[1][3] | Rampla de lanzamento[1][3] | Carga[1][3] | Resultado[1][3] | Notas |
|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 18 de agosto de 1993 | White Sands | Voo de proba | Éxito | Primeiro voo dun DC-X |
| 2 | 11 de setembro de 1993 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
| 3 | 30 de setembro de 1993 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
| 4 | 20 de xuño de 1994 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
| 5 | 27 de xuño de 1994 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
| 6 | 27 de xuño de 1994 | White Sands | Voo de proba | Abortado | Voo abortado durante unha vez no aire debido a unha explosión de hidróxeno. |
| 7 | 16 de maio de 1995 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
| 8 | 7 de xullo de 1995 | White Sands | Voo de proba | Éxito | O casco do foguete rachou nunha aterraxe brusca. |
| 9 | 19 de maio de 1996 | White Sands | Voo de proba | Éxito | Primeiro voo dun DC-XA. |
| 10 | 7 de xuño de 1996 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
| 11 | 9 de xuño de 1996 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
| 12 | 31 de xullo de 1996 | White Sands | Voo de proba | Fallo | Unha das patas do foguete non se estendeu, provocando a caída durante a aterraxe e subsecuente explosión. Último voo do DC-XA. |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 Mark Wade (2019). "DC-X" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Mark Wade (2019). "DC-XA" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DC-X / DC-XA" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: DC-X |