DBLP é un sitio web de bibliografía de informática. Comezou en 1993 na Universidade de Tréveris, en Alemaña, e pasou de ser unha pequena colección de ficheiros HTML[1] a converterse nunha organización que aloxaba un sitio de bibliografía de bases de datos e programación lóxica. Desde novembro de 2018, DBLP é unha sucursal do Centro de Informática Schloss Dagstuhl – Leibniz (LZI).[2] O DBLP incluíu máis de 5,4 millóns de artigos de revistas, artigos en congresos e outras publicacións sobre informática en decembro de 2020, fronte aos aproximadamente 14.000 de 1995 e os 3,66 millóns de xullo de 2016.[3] Rexistranse todas as revistas importantes sobre informática. Tamén se rastrexan as actas de moitas conferencias. Está duplicado en tres sitios de Internet.[4][5][6]
Polo seu traballo no mantemento de DBLP, Michael Ley recibiu un premio da Association for Computing Machinery (ACM) e o VLDB Endowment Special Recognition Award en 1997. Ademais, en 2019 foille outorgado o ACM Distinguished Service Award por "crear, desenvolver e conservar DBLP".[7][8]
DBLP orixinalmente significaba DataBase systems and Logic Programming (Sistemas de bases de datos e programación lóxica). Como retroacrónimo, interpretouse como Digital Bibliography & Library Project (Proxecto de bibliografía e biblioteca dixital);[9] porén, agora prefírese que o acrónimo sexa simplemente un nome, de aí o novo título The DBLP Computer Science Bibliography (Bibliografía informática DBLP).[10]
↑Petricek, Vaclav; Cox, Ingemar J.; Han, Hui; Councill, Isaac G.; Giles, C. Lee (2005). "A Comparison of On-Line Computer Science Citation Databases". Research and Advanced Technology for Digital Libraries. Lecture Notes in Computer Science (en inglés) (Springer-Verlag) 3652: 438–449. ISBN978-3-540-28767-4. arXiv:cs/0703043. doi:10.1007/11551362_39.