D'oh!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"D'oh!" é unha interxección usada polo personaxe de ficción Homer Simpson, un dos membros da familia protagonista da comedia de situación The Simpsons (1989–presente). A exclamación foi escrita orixinalmente coma "bufo de anoxo" ("annoyed grunt"), sendo Dan Castellaneta o que lle deu a forma de "d'ooooooh". A expresión está inspirada nunha especie de eufemismo usado por Jimmy Finlayson en moitas das películas de Laurel e Hardy. Matt Groening creu que quedaría mellor se o dicía rápido, polo que Castellaneta o acurtou ata conseguir o "D'oh!".

A frase de Homer foi famosamente engadida ao Oxford English Dictionary en 2001[1], pero sen o apóstrofo, dado que a palabra falada "D'oh" é unha marca rexistrada da 20th Century Fox[2]. É tipicamente usada cando Homer se lastima, dándose conta de que fixo algo estúpido ou cando algo malo pasa ou lle vai pasar. Outros membros da familia entre os que se inclúe a Bart, Lisa, o avó e incluso a súa nai e mailo seu medio-irmán téñena usado nalgunha ocasión, así como outros personaxes.

En 2006, "D'oh!" foi listada a número seis na lista TV Land das 100 mellores frases comodín[3][4].

Nomes de episodios[editar | editar a fonte]

Cando a interxección foi creada orixinalmente, a palabra non tiña escrita oficial. No canto diso, era descrita como "(Annoyed Grunt)". En recoñecemento disto, varios episodios presentan a frase "(Annoyed Grunt)" no seu título. Tales episodios son:

Outros seis episodios que teñen "D'oh" no título son das temporadas máis recentes, cando xa tiña deletreo:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BBC, ed. (14-06-2001). "It's in the dictionary, d'oh!". BBC News, Entertainment. Arquivado dende o orixinal o 03-12-2002. Consultado o 16-08-2007. Homer Simpson's catchphrase "d'oh!" has made it into the updated online edition of the Oxford English Dictionary, published on Thursday. It makes the expression an official word of the English language. 
  2. TARR (ed.). "Latest Status Info". Consultado o 25-08-2007. 
  3. USA Today, ed. (28-11-2006). "Dyn-O-Mite! TV Land lists catchphrases". Consultado o 07-09-2008. 
  4. TV Land, ed. (2008). "The 100 greatest TV quotes and catchphrases". Arquivado dende o orixinal o 13-03-2008. Consultado o 07-09-2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]