Dúas mulleres
| Dúas mulleres | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
Dúas mulleres (en italiano: La ciociara) é un filme italiano de 1960 baseada na novela de 1957 La ciociara, escrita por Alberto Moravia.[1] Narra a historia dunha muller que intenta protexer a súa filla dos horrores da segunda guerra mundial; foi dirixida por Vittorio De Sica e protagonizada por Sophia Loren, Jean-Paul Belmondo, Raf Vallone, Eleonora Brown, Carlo Ninchi e Andrea Checchi.
Argumento
[editar | editar a fonte]A historia xira arredor de Cesira (Sophia Loren) e a súa filla Rosetta (Eleonora Brown) durante o avance das tropas aliadas pola Península Itálica. Michele (Jean-Paul Belmondo), intelectual comunista co que establecen relación, é capturado polos alemáns. No seu intento por volver a Roma, refuxiadas nunha igrexa, madre e filla son violadas por goumiers das tropas coloniais francesas durante as chamadas Marocchinate.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Sophia Loren .... Cesira
- Jean-Paul Belmondo .... Michele Di Libero
- Eleonora Brown .... Rosetta
- Carlo Ninchi .... Filippo
- Raf Vallone…Giovanni
- Andrea Checchi .... un fascista
- Pupella Maggio
- Emma Baron .... Maria
- Bruna Cealti
- Antonella Della Porta
Premios
[editar | editar a fonte]- Sophia Loren recibiu o Oscar á mellor actriz. Foi a primeira vez que se entregou o premio a unha actuación en lingua diferente da inglesa.
- Festival de Cannes: Sophia Loren, premio á mellor interpretación feminina.[3]
- David di Donatello: Mellor actriz protagonista.
- BAFTA á mellor actriz protagonista.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En italiano, ciociara é a forma feminina do xentilicio de Ciociarìa, rexión chamada tamén Ciocerìa e situada no Lacio ao sueste de Roma.
- ↑ La Voz de Galicia, 21 de febreiro de 1992. Páx. 63
- ↑ "Festival de Cannes: Two Women". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2012. Consultado o 2009-02-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dúas mulleres en TCMDB
- Crítica en New York Times
- Páxina do filme Arquivado 02 de abril de 2019 en Wayback Machine. en Le Film Guide