Dólar zimbabuense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar zimbabuense †
Zimbabwean dollar (inglés)
Zimbabwe $1 2007 Obverse.jpg Zimbabwe $1 2007 Reverse.jpg
Código: ZWL
Ámbito: Cimbabue Cimbabue
Símbolo: $
Fracción: 100 (cents)
Moedas: ningunha
Billetes: 1, 5, 10, 20, 50, 100 e 500 $
Emisor: Banco de Reserva de Cimbabue
Taxa de troco:
19-03-2010
1 EUR = 489.651 ZWD
1 USD = 361,900 ZWD

O dólar cimbabuense foi a moeda oficial de Cimbabue dende 1980. Subdivídese en 100 céntimos. Substituíu o dólar rhodesiano, que fora adoptado en 1970. Xeralmente é abreviado co símbolo do dólar $, ou Z$ co fin de distinguilo doutras moedas denominadas dólar. Dende o 29 de xaneiro de 2009, permitiuse ás compañías e aos individuos tramitar o negocio doméstico noutras moedas tamén, ex: dólar estadounidense ou rand surafricano.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro dólar[editar | editar a fonte]

O primeiro dólar cimbabuense foi introducido no ano 1980 e substituíu o dólar rhodesiano en 1:1. O código ISO 4217 era ZWD, (xa no se volveu empregar). Cando comezou o seu uso, o seu valor era maior ao do dólar estadounidense (0.68 ZWD = 1.00 USD). Deste primeiro dólar circularon moedas de 1, 5, 10, 20 e 50 céntimos, así como de 1, 2 e 5 dólares. Os últimos billetes emitidos foron de 10, 20, 50, 100, 500 e 1.000 dólares. Porén, o seu valor foise erosionando pola inflación que durante a primeira parte da década do 2000 (a hiperinflación elevouse a un mínimo mensual dun 800%). O 26 de xullo de 2006, o valor de mercado paralelo do dólar cimbabuense cotizou: Z$1.000.000=£1.

O segundo dólar[editar | editar a fonte]

O 1 de agosto de 2006, como intento para parar a elevada inflación que sufría a economía do país, anunciouse por parte do Banco Central de Cimbabue a introdución dun novo dólar a razón de 1.000 a 1, é dicir, 1.000 antigos dólares equivalerían a un novo. Desta unidade monetaria non existen billetes con poder liberatiorio como tal, senón cheques bancarios de reserva, cunha validez limitada no tempo. O 1 de xaneiro de 2008 foron emitidos cheques por valor de 250.000 (que substituía ao cheque de 200.000 emitido en secembro do ano anterior), 500.000 e 750.000 Dólares de Cimbabue, e tan só días máis tarde o banco anunciou a posta en circulación de novos cheques de 1, 5 e 10 millóns de Dólares. Tamén de $100.000.000; $250.000.000 e $500.000.000. Durante Maio do 2008 o Banco de Reserva de Cimbabue puxo en circulación novos billetes (cheques) especiais agricultores de $5.000.000.000, $25.000.000.000, $50.000.000.000 e $100.000.000.000.

O terceiro dólar[editar | editar a fonte]

Imaxe do billete de 100 billóns de dólares, a denominación máis elevada ata o momento. Nótese que a denominación indica 100 trillóns, esto débese a que en inglés vaise de billion a trillion cada mil veces, mentres que en galego séguese un esquema onde se vai dun billón a trillón cada millón de veces.

O 1 de agosto de 2008, o Banco de Reserva de Cimbabue quitou 10 ceros á unidade monetaria, (ex. 10.000.000.000 do dólar vello é igual a 1 dólar novo) e circularon novos billetes de $1, $2, $5, $10, $20, $100 e $500. Tamén circularon moedas de 1¢, 5¢, 10¢, 20¢, 50¢, $1, $2, $5, $10 e $25. Mais aínda os problemas da hiperinflación non están resoltos, tanto é así que a finais do 2008, concretamente durante o mes de Setembro, emitíronse tres novos billetes por valor de $1.000, $10.000 e $20.000, a mediados de Outubro púxose en circulación un novo valor de $50.000, a primeiros do mes de Novembro tres billetes máis de $100.000, $500.000 e $1.000.000, e durante o mes de decembro as denominacións de $10.000.000, $50.000.000, $100.000.000, $200.000.000 e $500.000.000 de novos dólares cimbabuenses. O novo ano non servíu de bálsamo á terrible hiperinflación do país, o 6 de xaneiro o Banco Central puxo en circulación os billetes de 1.000, 5.000 e 10.000 millóns de Dólares, o 10 lanzou os valores de 20.000 e 50.000 millóns, e finalmente, o día 16 do mesmo mes púxose en circulación a denominación máis elevada ata o momento, os 100 billóns de dólares, unha cifra talvez só acadada pola divisa serbia en época de guerra, é dicir 100 millóns de millóns, ademais ese mesmo día anunciouse que nos días sucesivos engadiríanse os valores de 10 e 50 billóns de dólares.

O cuarto Dólar[editar | editar a fonte]

O luns 2 de febreiro de 2009, o director do Banco Central de Cimbabue anunciou unha nova revaluación da moeda a razón dun billón de dólares por 1 novo dólar, é dicir 1.000.000.000.000:1. Puxéronse en circulación billetes de 1, 5, 10, 20, 50, 100 e 500 Dólares. Non se emitiron moedas. O código é ZWL.

Dende xaneiro do 2009 moitas empresas xa non aceptan o dólar cimbabuense como moeda no país. A cambio empréganse o dólar estadounidense, o Rand surafricano, o Metical mozambiqueño, a pula de Botswana e moedas de Zambia ou Namibia.

Actualmente, empréganse tamén especias no país para o comercio a pequena escala, que substitúen en ocasións o uso do dólar. Este costume ancestral remóntase a antes do siglo IV a. C.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]