Saltar ao contido

Dólar fixiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar fixiano
 Instancia de
Características
 Inspirado en
 Símbolo da unidade
F$ (en)
FJ$ (mul) Editar o valor en Wikidata
 Símbolo de divisa
$ Editar o valor en Wikidata
 Subdivisión desta unidade
Implicados
 Banco central emisor
Datas
 Data de comezo
15 de xaneiro de 1969 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Localización
 País
Cifras e dimensións
 Prezo
   0,41292 € Editar o valor en Wikidata
 Conversión unidade estándar
   0,89928057553957 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/04xbp1 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O dólar fixiano[1] (en inglés: Fijian dollar ou, sinxelamente, dollar) é a moeda oficial de Fiji. Normalmente é abrebiado $, ou FJ$ para diferencialo do dólar estadounidense e doutros tipos de dólares. O código ISO 4217 é FJD. Subdivídese en 100 cents ou céntimos.

O dólar circula nas illas Fiji dende 1969, a pesar de que xa circulara anteriormente por primeira vez entre 1867 e 1873, cando foi substituído pola libra esterlina a raíz da colonización británica. Estes primeiros dólares equivalían a un dólar de prata dos Estados Unidos. O dólar de 1969 substituíu a libra fixiana (continuadora da libra esterlina) a razón de 2 dólares por libra.

Esta moeda é emitida polo Banco de Reserva de Fiji (Reserve Bank of Fiji), e circulan moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos e de 1 dólar, e billetes de 2, 5, 10, 20, 50 e 100 dólares.

  1. ↑ "fixiano". TERGAL. Consultado o 29/05/2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]