Días dos Caídos (Estados Unidos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
As lápidas do cemiterio Nacional de Arlington adornadas por bandeiras estadounidenses nun fin de semana do Día dos Caídos en guerra.

O Día dos caídos en guerra ou Memorial Day é unha data conmemorativa de carácter federal que ten lugar nos Estados Unidos de América o último luns de maio de cada ano, co obxectivo de lembrar as soldados estadounidenses que morreron en combate. Inicialmente foi estabelecido para conmemorar os soldados caídos da Unión americana que participaron na guerra civil estadounidense, aínda que trala primeira guerra mundial foi estendido para render homenaxe a tódolos soldados estadounidenses falecidos nas guerras nas que participou ese país.

Comezou como un ritual de conmemoración e reconciliación trala guerra civil, aínda que posteriormente, a principios do século XX, empeza a ser visto como unha ocasión para render homenaxe ós mortos en xeral. Tal é así que os cidadáns visitan as tumbas dos seus parentes falecidos, sirvan no exército ou non. Así mesmo converteuse nun día de reunión familiar, onde a xente realiza diversas actividades recreativas como ir de compras ou pasar un día na praia, e de eventos masivos a nivel nacional, tales como as 500 millas de Indianápolis, que se disputan nesta data anualmente dende 1911.

En 1971 o Congreso de Estados Unidos aprobou a acta Nacional dos festivos. Foi o momento que se decidiu que o Día dos caídos se conmemoraría o derradeiro luns de maio, cun fin de semana con tres días de . É común que o presidente dos Estados Unidos dea un discurso nesta data no que se lembre o labor dos soldados caídos en combate.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]