Saltar ao contido

Día de San Xurxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Día de San Xurxo
 Epónimo
 Conmemora
Datas
 Día periódico
Cronoloxía
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/05474b Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

O Día de San Xurxo é un día festivo adicado a San Xurxo, celebrado polas Igrexas cristiás, países, rexións e cidades onde é santo patrón, incluíndo Albania, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Inglaterra, Etiopía, Grecia, Xeorxia, Portugal, Romanía, Serbia, Siria, Palestina, o Líbano, Cataluña, Alcoi, Aragón, Xénova e Río de Xaneiro.[1]

Polo xeral, o San Xurxo celébrase o 23 de abril,[a] a data tradicionalmente aceptada da morte do santo na Persecución de Diocleciano. Porén, os días do santo non se celebran se cadran entre o Domingo de Ramos e o segundo domingo de Pascua, senón que se celebran o luns seguinte.[2]

No calendario das Igrexas luteranas, aquelas de Comuñón anglicana, e no calendario xeral do Rito romano, a festa de San Xurxo celébrase normalmente o 23 de abril.[3][4] Xa que a Pascua adoita coincidir co Día de San Xurxo, a celebración eclesiástica da festa pode cambiar do 23 de abril: nos anos 2011, 2014, 2019, 2022 e 2025, os calendarios luterano, anglicano e católico celebraron o Día de San Xurxo o primeiro día laborable dispoñible despois da Oitava de Pascua (véxase Semana de Pascua) (2 de maio de 2011, 28 de abril de 2014, 29 de abril de 2019, 25 de abril de 2022 e 28 de abril de 2025 respectivamente).[5][6][7]

  1. Algúns cristiáns orientais que usan o calendario xuliano tamén celebran o día o 23 de abril segundo ese calendario, que corresponde ó 6 de maio no calendario gregoriano.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. "St. George's Day in Brazil". Rio & Learn. 2025-04-21. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2023. Consultado o 2025-04-23. 
  2. "Dracula – It is the eve of St. George's Day". Book Drum. Arquivado dende o orixinal o 2017-08-15. Consultado o 2018-04-23. 
  3. Roeber, A. G. (1998). Palatines, Liberty, and Property: German Lutherans in Colonial British America (en inglés). Taylor & Francis. p. 34. ISBN 978-0801859687. 
  4. "Agios Georgios Feast in Greece" (en inglés). Greeka. 2016-04-25. Consultado o 2018-04-20. Agios Georgios is an acknowledged saint across the Catholic, the Anglican, the Orthodox, the Lutheran and the Armenian Church. In Greece, Saint George is celebrated on the 23 April and many areas of Greece devote big ceremonies and fairs to his name that aim at reassuring the Saint's blessings. 
  5. "The Calendar: Rules to Order the Christian Year". Common Worship. The Church of England. 2011-04-22. Consultado o 2022-04-24. 
  6. "The Calendar: Table of Transferences". Common Worship. The Church of England. 2011-04-22. Consultado o 2011-04-30. 
  7. "Liturgical Calendar: May 2011". Liturgy and Ordo 2010–2011. The Catholic Church in England and Wales. 2011-04-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]