Día das Escritoras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Día das Escritoras é unha celebración de carácter anual que se convoca o luns seguinte á data do 15 de outubro, en conmemoración da data de falecemento de Tareixa de Ávila.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A conmemoración xurdiu por iniciativa da Biblioteca Nacional de España, da Asociación Clásicas e Modernas e da FEDEPE para recuperar o legado das escritoras, visibilizar o seu traballo no ámbito da literatura e combater a discriminación histórica[1].

A primeira celebración aconteceu o 17 de outubro de 2016 e consistiu na lectura pública en diversas bibliotecas de poemas, pasaxes de novelas e outros textos dunha trintena de escritoras en linguas como a galega, a catalá, a castelá ou a éuscara. As lecturas correron a cargo de personalidades diversas do mundo cultural de todo o Estado español.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Por fin las escritoras tienen un día propio, artigo en El Mundo o 17 de outubro de 2016 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]