Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nalgúns países é tradicional que os cativos dean tarxetas ou debuxos á nai
O día da nai é un día de festa que se celebra en honra da nai en numerosos países en datas diferentes segundo a tradición cultural de cada país xa que a súa orixe é diferente, aínda que podería estar relacionada co culto á nai na Grecia antiga que os romanos herdaron e que os primeiros cristiáns transformaron nunha celebración en honra á Virxe María .
Segundo domingo de febreiro
Noruega
30 de Shevat (cae entre o 30 de xaneiro e o 1 de marzo )
Israel
3 de marzo
Xeorxia
8 de marzo
Albania , Belarús , Bosnia e Hercegovina , Bulgaria , Eslovenia , Macedonia do Norte , Montenegro , Romanía , Rusia , Serbia , Romanía , Ucraína , Vietnam . A data coincide co Día Internacional da Muller .
15 de marzo
San Marino
Cuarto domingo de Coresma
Irlanda , Reino Unido
21 de marzo
Bahrain , Exipto , Líbano , Palestina , Siria , Xordania
7 de abril
Armenia
Primeiro domingo de maio
Hungría , Lituania , Portugal , España
8 de maio
Corea do Sur
10 de maio
O Salvador , India , México , Omán , Paquistán , Qatar , Singapur
Segundo domingo de maio
Alemaña , Anguila , Aruba , Australia , Austria , Bahamas , Barbados ,Bangladesh , Bélxica , Belize , Bermudas , Bonaire , Brasil , Canadá , Chile , China , Colombia , Cuba , Croacia , Curaçao , Chequia , Dinamarca , Ecuador , Estonia , Finlandia , Grecia , Granada , Honduras , Hong Kong , Islandia , Italia , Letonia , Malta , Malaisia , Países Baixos , Nova Zelandia , Perú , Filipinas , Porto Rico , Eslovaquia , Suráfrica , Suriname , Suíza , Taiwán , Trinidad e Tobago , Turquía , Estados Unidos , Uruguai , Venezuela , Xamaica , Xapón
26 de maio
Polonia
27 de maio
Bolivia
Último domingo de maio
Francia , República Dominicana , Haití , Suecia
30 de maio
Nicaragua
12 de agosto
Tailandia (nacemento da raíña Sirikit Kitiyakara )
15 de agosto
Costa Rica
Segundo ou terceiro domingo de outubro
Arxentina
8 de decembro
Panamá
22 de decembro
Indonesia