Saltar ao contido

Día da Liberdade dos Documentos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Día da Liberdade dos Documentos (Document Freedom Day en inglés) é un día internacional pensado para «concienciar á xente da importancia da liberdade dos documentos»[1] «durante o último mércores de marzo"[2]. O primeiro día da liberdade dos documentos celebrouse o 26 de marzo do 2008. No ano 2009 caeu en 25, no 2010 o 31, e no ano 2011 celebrarase o día 30 de marzo.

Segundo a publicación tecnolóxica Ars Technica, hai máis de «200 grupos en 60 países» involucrados activamente no día da liberdade dos documentos[3], entre os que cabe salientar a Free Software Foundation Europe, a ODF Alliance, o OpenForum Europa, IBM, Red Hat e Sun Microsystems.

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

Os principais obxectivos do día da liberdade do software son os seguintes:

  • Promover e adoptar formatos libres de documentos.
  • Formar unha rede a nivel mundial.
  • Coordinar as actividades que teñan lugar o último mércores de marzo, o día da liberdade dos documentos[2].
  1. Bitácora oficial de Google (ed.). "Today is Document Freedom Day" (en inglés). Consultado o 27 de marzo do 2008. 
  2. 2,0 2,1 "About - Document Freedom Day". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2010. Consultado o 27 de marzo do 2008. 
  3. "Happy Document Freedom Day, a day of "document liberation"". Consultado o 27 de marzo do 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]