Día da Independencia da India
| Día da Independencia da India | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
O Día da Independencia é unha festa nacional da India que se celebra anualmente o 15 de agosto para conmemorar a independencia do país do dominio británico, que se alcanzou o 15 de agosto de 1947[1]ao entrar en vigor a Lei de independencia de 1947 que establecía que nesa data se constituirían dúas nacións independentes, a India e o Paquistán.
Antecedentes históricos
[editar | editar a fonte]A independencia foi o resultado dun longo proceso político e social contra o dominio británico no subcontinente indio. A Compañía Británica das Indias Orientais consolidara o seu poder durante o século XVIII e, tras a Rebelión da India de 1857, a administración británica pasou directamente á Coroa mediante a Lei do goberno da India de 1858[2][3]. Durante as décadas seguintes desenvolveuse un movemento político nacional indio cada vez máis amplo. O Congreso Nacional Indio, que se estableceu en 1885, converteuse nun dos principais instrumentos do nacionalismo indio.[1][2] Logo da Primeira Guerra Mundial as demandas de autogoberno intensificáronse. So o liderado de Mahatma Gandhi o movemento independentista tendeu a adoptar formas de resistencia non violenta, desobediencia civil e non cooperación. Paralelamente, existiron outras correntes políticas e revolucionarias, así como un crecente movemento musulmán organizado arredor da Liga Musulmá[4]. A Segunda Guerra Mundial agravou as dificultades políticas e económicas do Imperio británico e acelerou o proceso de descolonización. Tras a guerra, o Goberno británico decidiu transferir o poder e iniciou negociacións co Congreso Nacional Indio e coa Liga Musulmá.[5] O proceso rematou na partición da India británica, o territorio dividiuse en dous novos suxeitos, a India e o Paquistán, nun proceso que tivo graves enfrontamentos comunitarios, mortes e desprazamentos masivos de poboación.[6]
A independencia de 1947
[editar | editar a fonte]

A Asemblea Constituínte da India reuniuse en Nova Delhi na noite do 14 de agosto de 1947. Durante a sesión, Jawaharlal Nehru pronunciou Tryst with Destiny (Encontro co destino), que se volvería célebre[7], e no que anunciou o comezo dunha nova etapa na historia da India. Á entrada en vigor da Lei da independencia da India, o 15 de agosto de 1947, o Dominio da India converteuse nun Estado independente e Nehru asumiu o cargo de primeiro ministro, mentres Louis Mountbatten continuou como gobernador xeral[4]:6.
O primeiro Día da Independencia contou cunha sucesión de actos oficiais na capital, entre eles a toma de posesión do gobernador xeral e dos ministros, a reunión da Asemblea Constituínte, o izado da bandeira nacional, unha cerimonia na Porta da India e foguetes de artificio[4]. Mahatma Gandhi, pola súa banda, non participou nas celebracións oficiais de Nova Delhi, daquela atopábase en Calcuta nun xexún de 24 horas, e concentraba os seus esforzos en tentar deter a violencia comunitaria e promover a reconciliación entre hindús e musulmáns[4]:10.
Celebración nacional
[editar | editar a fonte]
O Día da Independencia é un dos principais festivos nacionais da India e celébrase en todos os estados e territorios da Unión[8]. A cerimonia central protagonízaa o primeiro ministro da India [9]ao izar a bandeira nacional nos baluartes do Forte Vermello en Delhi e pronunciar un discurso dirixido á nación. A cerimonia inclúe o canto do himno nacional, Jana Gana Mana, así como formacións e desfiles das Forzas Armadas da India e doutras forzas de seguridade, e representacións relacionadas coa historia e coa diversidade cultural da India. Na véspera o presidente da India pronuncia tradicionalmente un discurso á nación[10].
Celebracións estatais
[editar | editar a fonte]Nos estados e territorios da Unión organízanse cerimonias de izado da bandeira, discursos, desfiles, actividades culturais e actos escolares.[8]. A actual distribución protocolaria entre gobernadores e ministros en xefe estatais ten a súa orixe nun cambio producido en 1974. Ata 1973 os gobernadores eran os encargados de izar a bandeira nas capitais estatais tanto no Día da Independencia como no Día da República.[11], mais en febreiro de 1974 o xefe do goberno de Tamil Nadu, M. Karunanidhi, formulou ante a primeira ministra Indira Gandhi a petición para que fosen os ministros en xefe estatais os que izasen a bandeira o Día da Independencia, ao igual que o primeiro ministro o facía en Nova Delhi[11]. O goberno da India aceptou a petición e dende 1974 os ministros en xefe estatais teñen o dereito protocolario de izar a bandeira nas respectivas capitais no Día da Independencia. O propio Karunanidhi realizou esta cerimonia por primeira volta como xefe do goberno de Tamil Nadu o 15 de agosto de 1974 en Fort Saint George de Chennai[11][12].
Costumes e celebracións populares
[editar | editar a fonte]

Ao longo do país celébranse cerimonias de izado da bandeira en institucións públicas e privadas, centros educativos, asociacións e comunidades locais[13]. Son habituais os discursos, os actos culturais, as cancións patrióticas e a distribución de doces. As escolas e universidades adoitan organizar actos específicos nos que se iza a bandeira nacional, realízanse actividades culturais relacionadas coa independencia e coa historia do país e os edificios públicos adoitan engalanarse coa bandeira nacional e con iluminacións especiais. Nalgunhas cidades, especialmente en Delhi, o voo de papaventos converteuse tamén nun costume asociado á xornada[1]. A bandeira tricolor, coñecida como Tiranga, aparece de maneira moi visible nas celebracións, tanto en edificios públicos como en espazos privados e en actividades comunitarias[14].
É habitual que a televisión e a radio emitan cancións patrióticas nas linguas recoñecidas pola constitución[15] que tamén soan nas cerimonias de izado da bandeira[15] e adoitan emitirse filmes patrióticos[13], porén nas últimas décadas esta tendencia diminuíu por sobresaturación[16]. É común que as tendas ofrezan ofertas con motivo do Día da Independencia[17][18] e o Correo da India con motivo do día emite selos conmemorativos nos que se representan líderes do movemento de independencia, motivos nacionalistas ou militares[19]
A diáspora india celebra o Día da Independencia ao longo de todo o mundo con desfiles e exhibicións diversas, en especial en rexións con alta concentración de inmigrantes indios[20]. Nalgunhas localidades como Nova York e outras cidades estadounidenses o 15 de agosto tornou o Día da India entre a diáspora e a poboación local e a celebración acontece ben o 15 de agosto ben a fin de semana máis próxima[21].
Voces críticas e ameazas á seguridade
[editar | editar a fonte]
Xa tres anos despois da independencia o Consello Nacional Naga chamou a boicotear a celebración no nordés da India.[22]. Ao se intensificaren as protestas independentistas nesta rexión na década de 1980 as chamadas ao boicot e ataques terroristas de organizacións insurxentes, como no caso da Fronte Unida de Liberación de Assam ou da Fronte Nacional Democrática de Bodoland ensombreceron as celebracións [23][24][25][26][27]. Co aumento da insurxencia en Jammu e Caxemira dende finais da década de 1980 [28], activistas separatistas boicotearon o Día da Independencia con bandh (folgas xerais), uso de bandeiras negras e pola queima de bandeiras[29][30][31]. Grupos terroristas como Lashkar-e-Taiba, Hizbul Mujahideen ou Jaish-e-Mohammed ameazaron e realizaron ataques con motivo do Día da Independencia[32][33][34][35]. Organizacións insurxentes maoístas tamén fixeron chamamentos ao boicot[36][37].
Para anticiparse a posibles ataques terroristas intensifícanse as medidas de seguridade, especialmente nas principais cidades, como Delhi e Mumbai e en estados con problemas de seguridade como Jammu e Caxemira[38]. O espazo aéreo arredor do Forte Vermello declárase zona de exclusión aérea para empecer ataques aéreos[39] e aumenta a presenza da policía noutras cidades[40]. Dende o asasinato de Indira Gandhi, en 1984, os primeiros ministros daban os seus discursos detrás de paneis de vidro antibalas[41], mais en 2014 co acceso de Narendra Modi deixou de facerse[42] aínda que se reforzaron outras medidas de seguridade para garantir a seguridade do primeiro ministro[43].
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Metcalf, Barbara D.; Metcalf, Thomas R. (2006). A Concise History of Modern India (2ª ed.). Cambridge University Press. p. 233.
- 1 2 Sarkar, Sumit (1983). Modern India, 1885–1947. Macmillan.
- ↑ Wolpert, Stanley (1989). A New History of India. Oxford University Press. pp. 239–240.
- 1 2 3 4 Guha, Ramachandra (2008). India After Gandhi: The History of the World's Largest Democracy. HarperCollins.
- ↑ Hyam, Ronald (2006). Britain's Declining Empire: The Road to Decolonisation, 1918–1968. Cambridge University Press.
- ↑ Wolpert, Stanley A. (1999). India. University of California Press.
- ↑ "Great speeches of the 20th century". The Guardian. 8 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2016.
- 1 2 Government of India (ed.). "Independence Day of India". Consultado o 11 de agosto de 2026.
- ↑ "Singh first PM outside Nehru-Gandhi clan to hoist flag for 10th time". The Economic Times. 15 de agosto de 2013. Consultado o 11 de agosto de 2026.
- ↑ "Independence Day 2026 in India". Time and Data. Consultado o 11 de agosto de 2026.
- 1 2 3 "Why all CMs must thank Karunanidhi for right to hoist national flag". India Today. 8 de agosto de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2026.
- ↑ "Karunanidhi Responsible For Chief Ministers Unfurling National Flag". 15 de agosto de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2026.
- 1 2 Gupta, K. R.; Gupta, Amita. Concise Encyclopaedia of India. p. 1002.
- ↑ "When India Wears its Badge of Patriotism with Pride". DNA. 15 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2012.
- 1 2 Nayar, Pramod K. Reading Culture: Theory, Praxis, Politics. SAGE. p. 57. ISBN 978-0-7619-3474-5.
- ↑ Pant, Nikhila; Pasricha, Pallavi (26 de xaneiro de 2008). "Patriotic Films, Anyone?". The Times of India. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2012.
- ↑ Sharma, Kalpana (13 de agosto de 2010). "Pop Patriotism—Is Our Azaadi on Sale?". The Times of India. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 29 de xullo de 2012.
- ↑ Basu, Sreeradha D; Mukherjee, Writankar (14 de agosto de 2010). "Retail Majors Flag Off I-Day Offers to Push Sales". The Economic Times. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 29 de xullo de 2012.
- ↑ "Indian Postage Stamps Catalogue 1947–2011" (PDF). India Post. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 August 2012.
- ↑ "Indian-Americans Celebrate Independence Day". The Hindu. 16 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 2 August 2011. Consultado o 18 de xullo de 2012.
- ↑ Ghosh, Ajay (2008). "India's Independence Day Celebrations across the United States—Showcasing India's Cultural Diversity and Growing Economic Growth". NRI Today. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2012.
- ↑ Sharma, Suresh K. (2006). Documents on North-East India: Nagaland. Mittal Publications. p. 146, 165. ISBN 978-81-8324-095-6.
- ↑ Mazumdar, Prasanta (11 de agosto de 2011). "ULFA's Independence Day Gift for India: Blasts". DNA. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2012.
- ↑ Office of the Coordinator for Counterterrorism (ed.). Country Reports on Terrorism 2004. United States Department of State. p. 129.
- ↑ Schendel, Willem Van; Abraham, Itty (2005). Illicit Flows and Criminal Things: States, Borders, and the Other Side of Globalization. Indiana University Press. pp. 55–56. ISBN 978-0-253-21811-7.
- ↑ "Rebels Call for I-Day Boycott in Northeast". Rediff. 10 August 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 21 xullo 2012.
- ↑ Biswas, Prasenjit; Suklabaidya, Chandan. Ethnic Life-Worlds in North-East India: an Analysis.
- ↑ Heiberg, Marianne; O'Leary, Brendan; Tirman, John (2007). Terror, Insurgency, and the State: Ending Protracted Conflicts. University of Pennsylvania Pressisbn=978-0-8122-3974-4. p. 254.
- ↑ "Kashmir Independence Day Clashes". BBC. 15 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2014. Consultado o 21 xullo 2012.
- ↑ Behera, Navnita Chadha (2007). Demystifying Kashmir. Pearson Education India. p. 146. ISBN 978-81-317-0846-0.
- ↑ Das, Suranjan. Kashmir and Sindh: Nation-Building, Ethnicity and Regional Politics in South Asia. Anthem Press. p. 49. ISBN 978-1-898855-87-3.
- ↑ "LeT, JeM Plan Suicide Attacks in J&K on I-Day". The Economic Times. 14 de agosto de 2002. Arquivado dende o orixinal o 17 novembro 2015. Consultado o 12 de agosto de 2026.
- ↑ "Ayodhya Attack Mastermind Killed in Jammu". OneIndia News. 11 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2013. Consultado o 12 de agosto de 2026.
- ↑ "LeT to Hijack Plane Ahead of Independence Day?". The First Post. 12 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2012. Consultado o 12 de agosto de 2012.
- ↑ "Two Hizbul Militants Held in Delhi". NDTV. 7 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2012. Consultado o 12 de agosto de 2026.
- ↑ "Maoist Boycott Call Mars I-Day Celebrations in Orissa". The Hindu. 15 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2011. Consultado o 21 de xullo de 2012.
- ↑ Verma, Bharat. Indian Defence Review Vol. 26.2: Apr–Jun 2011. Lancer Publishers. p. 111. ISBN 978-81-7062-219-2.
- ↑ "US Warns of India Terror Attacks". BBC. 11 de agosto de 2006. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 12 de agosto de 2026.
- ↑ "Rain Brings Children Cheer, Gives Securitymen a Tough Time". The Hindu. 16 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2013. Consultado o 12 de agosto de 2026.
- ↑ "India Heightens Security ahead of I-Day". The Times of India. 14 de agosto de 2006. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 12 de agosto de 2026.
- ↑ "PM Narendra Modi says no to bullet-proof shield at Red Fort". The Economic Times. 16 de agosto de 2014. Consultado o 12 de agosto de 2026.
- ↑ "How PM Modi got bullet-proof shield out of his way". Hindustan Times. 15 de agosto de 2014. Consultado o 15 de agosto de 2022.
- ↑ Sikdar, Shubhomoy (15 de agosto de 2014). "Tight security as Modi does away with bullet-proof shield". The Hindu (en inglés). ISSN 0971-751X. Consultado o 12 de agosto de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: India |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Día da Independencia, no portal oficial do Goberno da India.
- Día da Independencia, Ministerio de Defensa do Goberno da India.
