Día Mundial do doador de sangue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Brazo dun doador en varias fases da doazón.

O Día Mundial do doador de sangue, así designado pola Organización Mundial da Saúde, celébrase cada 14 de xuño. O evento, establecido no 2004, serve para facer fincapé na necesidade de doar sangue, e para agradecer ós doadores de sangue a súa acción solidaria.

O Día Mundial do doador de sangue é un dos oito días mundiais declarados pola Organización Mundial da Saúde, xunto co Día Mundial da Saúde, o Día Mundial da Tuberculose, o Día Mundial da Inmunización, o Día Mundial do Paludismo, o Día Mundial sen Tabaco, o Día Mundial da Hepatite, e o Día Mundial da Loita contra a SIDA.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Campaigns." Organización Mundial da Saúde. Consultado o 31 de outubro de 2014.