Día Mundial das Persoas Refuxiadas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Día Mundial das Persoas Refuxiadas celébrase cada ano o 20 de xuño co obxectivo de concienciar sobre a problemática dos refuxiados por mor dos conflitos internacionais.

Celebración[editar | editar a fonte]

O 4 de decembro de 2000 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas na Resolución 55/76 decide que, a partir do ano 2001, o día 20 de xuño sexa o Día Mundial das Persoas Refuxiadas.[1]

Nun mundo onde a violencia obriga a miles de familias a abandonar os seus fogares para salvar as súas vidas, é o momento de demostrar que todos estamos cos refuxiados #CosRefuxiados.
O organismo das Nacións Unidas para os refuxiados lanzou a campaña #CosRefuxiados en xuño de 2016 para pedir aos gobernos que colaborasen e cumprisen co seu deber en relación aos millóns de persoas que se encontran nesta situación.
No Día Mundial do Refuxiado, que se celebra cada 20 de xuño, conmemoramos a súa forza, valor e perseveranza. Esta celebración bríndanos a oportunidade de mostrar o noso apoio ás familias que se viron obrigadas a fuxir.

Temas do Día Mundial das Persoas Refuxiadas[editar | editar a fonte]

Logo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas
Ano Tema
2017 #CosRefuxiados
2016 #CosRefuxiados
2014 1 familia separada pola guerra é demasiado
2013 Dedica 1 minuto para axudar a unha familia obrigada a fuxir
2012 Os refuxiados non teñen elección. Ti si
2011 Ponte nos Zapatos dun Refuxiado e Dá o Primeiro Paso para Entender a súa Situación
2010 Casa
2009 Xente real, necesidades reais
2008 Protección
2007 Un novo fogar, unha nova vida
2006 Mantendo viva a lapa da esperanza
2005 Necesítase un valor para ser un refuxiado
2004 Encontrar un fogar: empezando de novo en condicións de seguridade e dignidade
2003 Xoves refuxiados: cimentando o futuro
2002 Mulleres refuxiadas
2001 Respecto, (en inglés).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Sistema da ONU