Saltar ao contido

Día Internacional para Lembrar a Trata de Escravos e a súa Abolición

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Día Internacional para Lembrar a Trata de Escravos e a súa Abolición
Imaxe
 Instancia de
 Tema principal
 Conmemora
Implicados
 Organizador/a
Datas
 Data de comezo
1998 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1997 Editar o valor en Wikidata
 Día periódico
Identificadores
Freebase/m/04f3hh5 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Proclamación

[editar | editar a fonte]

O Día Internacional para Recordar a Trata de Escravos e a súa Abolición foi proclamado pola UNESCO na súa 29ª Conferencia Xeral, en 1997.[1] Esta conmemoración foi proclamada no ámbito do proxecto intercultural Os camiños dos escravos.[2] O obxectivo desta xornada é rexistrar na memoria colectiva o que supuxo a trata de escravos, reflexionar sobre as súas causas, métodos e consecuencias históricas e analizar as interaccións que provocou entre África, Europa, América e o Caribe.[3] [4]

Celebración

[editar | editar a fonte]

Este día celébrase o 23 de agosto. A data escolleuse porque, na noite do 22 ao 23 de agosto de 1791, comezou unha revolta en Saint Domingue (actualmente República de Haití), un acontecemento crucial para a abolición do comercio transatlántico de escravos.

A primeira celebración tivo lugar en Haití o 23 de agosto de 1998, seguida de Senegal, na illa de Goreia, o 23 de agosto de 1999. Desde entón, en varios países leváronse a cabo actos organizados polos Ministerios de Cultura, coa participación de mozos, educadores, artistas e intelectuais, por invitación do Director Xeral da UNESCO.[3] [4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.