Día Internacional do Bico
Día Internacional do Bico | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | acontecemento periódico ![]() |
Tema principal | beixo ![]() |
Data | |
Día periódico
| |
Características | |
Conmemora | beixo ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O Día Internacional do Bico celébrase o 13 de abril de cada ano, unha data que xurdiu grazas ao bico máis longo da historia, que durou 58 horas e que fora protagonizado por unha parella tailandesa durante un certame. A parella, desta forma, rompía a súa propia marca de 46 horas consecutivas, logrado o 13 de abril do ano anterior.[1] En moitas cidades, diversos tipos de concursos organízanse este día no que os participantes deben establecer rexistros de bicos.
Doutra banda, o 6 de xullo é o Día Internacional do Bico Roubado, que é unha celebración diferente.[2][3]
A idea detrás do Día Internacional do Bico é lembrar ás persoas o simple pracer asociado co bico polo bico mesmo, a diferenza do bicarse como mera formalidade social ou como preludio das relacións sexuais ou doutras actividades. O bicarse pode ser unha experiencia gozosa e pracenteira por si mesma. É unha expresión da intimidade.
Tamén funcionou como contrapeso a prohibicións que existen nalgunhas cidades e nalgúns países que impiden que as persoas se biquen ou mesmo se abracen. O Día Internacional do Bico non é aínda tan comercial como o Día de San Valentín (día do amor e a amizade).[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Día Internacional del Beso: por qué se celebra Arquivado 15 de abril de 2016 en Wayback Machine.».
- ↑ "Artículo sobre la historia del Día Internacional del Beso Robado". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2016. Consultado o 15 de abril de 2016.
- ↑ Nueve datos curiosos por el Día Internacional del Beso Arquivado 12 de xullo de 2012 en Wayback Machine..