Día, Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Día
Δíα
Día en Grecia
Día
Día
Localización da illa
Situación
PaísGrecia Grecia
Periferias de GreciaIlla de Creta
MarMar Mediterráneo
Coordenadas35°27′N 25°13′L / 35.450, -25.217Coordenadas: 35°27′N 25°13′L / 35.450, -25.217
Xeografía
Superficie11´909 km²
Longura máxima6 km.
Largura máxima4´5 km.
Punto máis alto268 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada (2011)
Localización da illa
Localización da illa

Día (en grego Δíα) é unha illa situada a algúns quilómetos ao norte de Candia, a capital de Creta. A illa, actualmente está deshabitada, e é unha reserva de cabras salvaxes. Administrativamente, Día forma parte da comunidade de Elaia dentro da unidade municipal de Gouves, unidade rexional de Heraklion, no municipio de Elias.

Xeografía[editar | editar a fonte]

De forma vagamente cuadrangular, a illa ten unha lonxitude de 6 km e unha anchura de 4´5. Cunha superficie de 12 km², é a illa máis grande do litoral cretense.

O illote parécese a un lagarto xigante cando se ve desde a cidade de Heraklion. Tamén conta unha lenda que un lagarto xigante tratou de destruír a illa de Creta, pero Zeus converteuno en pedra cun raio, creando así a illa.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo a mitoloxía grega, Teseo faría escala alí logo de matar ao Minotauro. Alí abandonou a Ariadna antes de partir cara a Atenas.

A illa era coñecida anteriormente como Standia, por perda conxuntura na frase στήν Δία.

Foi o principal porto de Creta durante séculos.[1]

Hai importantes vestixios da época minoica, o que podería facer pensar que Día era un centro importante.

Proteción Ambiental[editar | editar a fonte]

Día é parte da Rede Europea da Natureza (Rede Natura 2000) e é un coto de caza para investigación.[2]

Porto antigo[editar | editar a fonte]

En 1976, Jacques Cousteau levou a cabo a exploración submarina ao redor de Día e atopou restos dun antigo porto nas augas entre Heraklion e Día.[3]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. T.A.B. Spratt, Travels and Researches in Crete, 1:35 (1865)
  2. Δίκτυο Natura 2000 Protected areas
  3. "The shipwreck of the French vessel "La Therese" (1669)". Greekislands.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2016. (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]