Désiré Raoul Rochette
Retrato de Désiré Raoul Rochette por Luigi Calamatta (1853). [1] | |
Nome orixinal | (fr) Raoul Rochette |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de marzo de 1790 Saint-Amand-Montrond, Cher, Francia. |
Morte | 5 de xullo de 1854 (65 anos) París, Francia. |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse, París. |
Cargos | |
Director do Gabinete de Medallas e Moedas de Francia | |
Período | 1818 – 1832 (1848) |
Antecesor | Aubin-Louis Millin de Grandmaison |
Sucesor | Jean-Antoine Letronne. |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francesa. |
Relixión | Catolicismo. |
Educación | Escoloa Normal Superior de París. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática, arqueoloxía, antropoloxía e historia da arte. |
Ocupación | antropólogo , historiador da arte , arqueólogo , numismático |
Empregador | Universidade de París. Biblioteca Nacional de Francia. |
Membro de | Instituto Arqueolóxico Alemán. Académie des inscriptions et belles-lettres. Academia Prusiana das Ciencias. Academia das Ciencias de Turín. Academia das Ciencias de Babiera. Academia das Ciencias de San Petersburgo. Academia das Ciencias de Rusia. Sociedade de Historia de Francia. American Antiquarian Society. |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Cónxuxe | Antoinette-Claude Houdon. |
Pais | Paul Gilbert Rochette e Rose Marie Meillet |
Désiré Raoul Rochette (máis coñecido como Raoul-Rochette), nado o 9 de marzo de 1790 en Saint-Amand, departamento de Cher, e finado o 5 de xullo de 1854 en París, foi un arqueólogo e numismático francés, membro da Académie des inscriptions et belles-lettres, secretario perpetuo da Academia de Belas Artes e director do Gabinete de Medallas e Moedas da Biblioteca Nacional de Francia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Désiré Raoul Rochette naceu en 1790 en Saint-Amand,[2] na rexión histórica de Bourbon, fillo de Rose Marie Meillet e do médico Paul Gilbert Rochette.[3]
Cursou o seu ensino secundario no liceo de Bourges e posteriormente estudou na Escola Normal Superior de París, onde se graduou en 1810 como membro da súa primeira promoción.[2]
Carreira como erudito
[editar | editar a fonte]En 1813 Rochette gañou un premio do Instituto de Francia concedido por unha memoria sobre as colonias gregas, publicada dous anos despois co título de Histoire critique de l'établissement des colonies grecques.[4] En 1815 foi nomeado profesor da Escola Normal Superior e en 1816 ingresou na Académie des inscriptions et belles-lettres.[2][5]
Foi elixido por François Guizot para o substituír na cátedra de Historia Moderna da Universidade de París entre 1816 e 1818, data esta en que foi nomeado conservador do Gabinete de Medallas, Moedas e Antigüidades, en substitución de Aubin-Louis Millin.[2] Exerceu este cargo en solitario ata 1832, data en que se nomeou como sucesor a Jean-Antoine Letronne a raíz dun roubo producido no Gabinete do que Rochette foi culpado. Mesmo así, mantívose como co-conservador ata 1848, data en que se desvinculou da Biblioteca Nacional e se dedicou por completo á investigación en materia arqueolóxica e numismática.[2][6]
Raoul Rochette xa impartira clases de arqueoloxía antes de que esta disciplina fose introducida na universidade, e en 1820 substituíu a Quatremère de Quincy como profesor da materia de Arqueoloxía.[2]
En 1835, con Jean de Witte, axudou a fundar a revista Annales de l'Institut de correspondance archéologique, en colaboración con Quincy e Charles Lenormant, entre outros.[2]
En 1838 foi elixido membro da Academia de Belas Artes, da que pasou a ser secretario perpetuo o ano seguinte, tamén sucedendo a Quincy.[2]
Como xefe da sección de arqueoloxía do Journal des savants entre 1817 e 1854,[2] encargouse de redactar recensións de todo o publicado sobre o tema en Francia e en toda Europa, o que o levou a manter unha voluminosa correspondencia con Salomon Reinach e Humboldt. A súa carreira estivo marcada por una batalla científica con Jean-Antoine Letronne, membro da Académie des inscriptions e especialista no Exipto tolemaico, e desde 1832 o seu colega na Biblioteca Nacional e sucesor como conservador do Gabinete de Medallas.[2]
Entre outras academias e sociedades eruditas etranxeiras, Rochette foi elixido membro correspondente da Academia de Ciencias de Babiera, da Accademia Nazionale dei Lincei de Roma, das Academias de Ciencias de Berlín, de Gotinga e de San Petersburgo (1822), da Academia Pontaniana de Nápoles, da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de Madrid (1826), da Academia Real de Ciencias, Letras e Belas Artes de Bélxica (1843),[8] e da Academia de Ciencias de Turín (1852).[9] Igualmente, foi membro da Sociedade Asiática de París (1822) e da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia (1831).[10]
O ano seguinte ao seu pasamento publicouse en París un catálogo dos libros da súa nutrida biblioteca.[11]
Viaxes
[editar | editar a fonte]Raoul Rochette visitou Suíza en 1818, 1819 e 1820, logo do cal publicou a súa obra Lettres et Histoire de la révolution helvétique de 1797 à 1803.[2]
En 1826 e 1827, logo en 1832 e 1843, e novamente en 1851, viaxou á Italia continental e a Sicilia.[2] Como membro da comisión científica da expedición de Morea en 1838, visitou Delos e Atenas.[2]
En 1846 percorreu tamén Alemaña.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O 27 de decembro de 1810, á idade de 20 anos, Rochette casou en París con Antoinette-Claude Houdon,[12] filla do escultor Jean-Antoine Houdon, con quen tivo dúas fillas, unha das cales, Anne Joséphine Cécile Raoul-Rochette, casou co pintor e gravador italiano Luigi Calamatta.[13][14]
Désiré Raoul Rochette finou en París o 5 de xullo de 1854, aos 65 anos,[15] e foi soterrado no cemiterio de Montparnasse, na mesma cidade.[16]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma da abundante produción bibliográfica de Désiré Raoul Rochette:
- (1815). Histoire critique de l'établissement des colonies grecques. Tomo I; Tomo II; Tomo III; Tomo IV. Treuttel & Würtz, París.
- (1816). Discours prononcé: à l'ouverture du cours d'histoire moderne. Lenormant, París.
- (1819). Deux lettres à Mylord Comte d'Aberdeen sur l'authenticité des inscriptions de Fourmont. Imprimerie royale, París.
- (1820). Lettres sur quelques cantons de la Suisse écrites en 1819. H. Nicolle, París.
- (1822). Lettres sur la Suisse : écrites en 1820 : suivies d'un voyage à Chamouny et au Simplon. Nepveu, París.
- (1822). Antiquités grecques du Bosphore-Cimmérien. F. Didot, París.
- (1823). Histoire de la révolution helvétique de 1797 à 1803. Nepveu, París.
- (1823). Considérations sur le caractère des arts de l'antique Égypte. C. J. Trouvé, París.
- (1824). L'Italie avant la domination des Romains. Tomo 1; Tomo II; Tomo III. Treuttel & Würtz, París.
- (1823). Lettres sur la Suisse écrites en 1819, 1820 et 1821. Nerveu, París.
- (1826). Lettres sur la Suisse écrites en 1824 et 1825. C. H. Froment, París.
- (1830). Notice sur les collections numismatiques de M. P.-F.-J. Gosselin. M. Bonnefons-Lavialle, París.
- (1830). Notice de l'ouvrage intitule Catalogo di scelte antichita etrusche trovate negli scavi del principe di Canino, 1828-1829. Imprimerie royale, París.
- (1830). Aperçu des principales vicissitudes de la topographie de Rome depuis son origine jusqu'à nos jours. Éverat, París.
- (1831). Lettre a M. le duc de Luynes sur le graveurs des monnaies greques. Imprimerie royale, París.
- (1832). Lettre à M. Schorn, professeur d'archéologie à l'Université de Munich. F. Didot, París.
- (1832). Notice sur quelques objets en or trouvés dans un tombeau de Kertsch, en Crimée. Imprimerie royale, París.
- (1833). Monumens inédits d'antiquité figurée, grecque, étrusque et romaine. 1ª parte. Imprimerie royale, París.
- (1828). Maison du poëte tragique à Pompéi (con J. Bouchet). C. Leconte, París.
- (1828). Cours d'Archéologie. E. Renduel, París.
- (1835). Memoire sur les representations figurées du personnage d'Atlas. P. Renouard, París.
- (1836). Peintures antiques inédites precédées de recherches sur l'emploi de la Peinture dans la décoration des édifices sacrés et publiques. Imprimerie royale, París.
- (1836). Premier mémoire sur les antiquités chrétiennes: peintures des catacombes. Imprimerie royale, París.
- (1837). Tableau des catacombes de Rome. Bibliothèque universelle de la jeunesse, París. [2ª ed. (1853). Lecoffre, París].
- (1840). Lettres archéologiques sur la peinture des Grecs. Crapelet, París.
- (1840). Mémoires de numismatique et d'antiquité. Imprimerie royale, París.
- (1840). Découvertes dans la Troade. F. Didot, París.
- (1841). Le catacombe di Roma. P. Lampato, Milán.
- (1841). Lettre à M. de Salvandy [...] sur l'état actuel des fouilles de Pompeï. H. Fournier, París.
- (1842). Conjectures archeologiques sur le groupe antique dont faisait partie le Torse du Belvedere. Imprimerie royale, París.
- (1843). Discours sur Nicolas Poussin. F. Didot, París.
- (1845). Lettre à M. Schorn; supplément au Catalogue des artistes de l'antiquité grecque et romaine. Crapelet, París.
- (1846). Questions de l'histoire de l'art, discutées à l'occasion d'une inscription grecque gravée sur une lame de plomb. Imprimerie royale, París.
- (1846). Choix de peintures de Pompéi. Imprimerie royale, París.
- (1847). Choix de peintures de Pompéi. 1ª partie: amours des dieux; 2ª partie; Temps héroïques. A. Labitte, París.
- (1846). Mémoires d'archéologie comparée: Second mémoire, sur la croix ansée. Imprimerie royale, París.
- (1850). Lettre à M. Carnot, sur sa réponse à M. Raoul Rochette. F. Didot, París.
- (1853). Notice Sur Les Fouilles De Capone. Imprimerie royale, París.
- (1854). Lectures on Ancient Art. A. Hall, Virtute & Co., Londres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [de Raoul Rochette]. Parismuseescollections.paris.fr.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Gran-Aymerich, E.; Lubtchansky, N. "Raoul-Rochette, Désiré". Dictionnaire critique des historiens d'art (INHA.fr).
- ↑ "Paul Gilbert Rochette". Geneanet.org
- ↑ Véxase "(1815)" en "Publicacións".
- ↑ "Raoul-Rochette (1789 - M 1816 - 1854). Archéologue". Académie des inscriptions et belles-lettres (AIBL.fr).
- ↑ "Désiré Raoul-Rochette". En Amandry, M. (2005). "Les directeurs du département des Monnaies, Médailles et Antiques depuis 1719 Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Bibliothèque nationale de France (comitehistoire.bnf.fr).
- ↑ "Portrait de Raoul Rochette (1789-1854), archéologue". Parismuseescollections.paris.fr
- ↑ "Désiré Raoul Rochette, dit Raoul-Rochette". Académie royale des Sciences, des Lettres et des Beaux-Arts de Belgique (Academieroyale.be).
- ↑ "Desiré Raoul Rochette". Accademiadellescienze.it
- ↑ "Rochette, Désiré Raoul dit Raoul-Rochette". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
- ↑ Catalogue des livres composant la bibliothèque artistique, archéologique, historique et littéraire de feu M. Raoul Rochette. J. techener, París. 1855.
- ↑ "Prefécture du Département de la Seine. Déclaration. Acte de Mariage". Archives.paris.fr
- ↑ "Désiré Raoul Rochette". En Catholic Encyclopedia. Robert Appleton Company, Nova York. 1913.
- ↑ "Désiré Raoul Rochette". Geneanet.org
- ↑ "Decés: Désiré, Raoul". Archives.paris.fr
- ↑ "Desire Raoul-Rochette". Findagrave.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Désiré Raoul Rochette |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bouillet, M-N.; Chassang, A. dir. (1878). "Raoul-Rochette". En Dictionnaire universel d’histoire et de géographie.
- Delamarre, L. (1912). "Désiré Raoul Rochette". En The Catholic Encyclopedia. Robert Appleton Company. Nova York.
- Gerhard, E. (1855). "Raoul-Rochette". En Archäologischer Anzeiger. Nº 75. Páxinas 47- 48.
- Chisholm, H. ed. (1911). "Raoul Rochette, Désiré". En Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Vol. 22. Cambridge University Press. Páxina 898.
- Paris, P. (1863). "Rochette (Désiré-Raoul)". En Biographie ancienne et moderne. 36. Páxinas 246-258.
- Perrot, G. (1906). "Notice sur la vie et les travaux de Désiré Raoul-Rochette". En Comptes-rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-lettres. Vol. 50. Nº 9. Páxinas 638-701.
- Vaj, D. (2010). "Désiré-RaoulRochette". En Dictionnaire historique de la Suisse (hls-dhs-dss.ch).
Predecesor: Aubin-Louis Millin de Grandmaison |
Director do Gabinete de Medallas de París 1818 - 1832 (1848) |
Sucesor: Jean-Antoine Letronne |
- Nados en 1790
- Finados en 1854
- Nados no departamento de Cher
- Numismáticos de Francia
- Historiadores de Francia
- Arqueólogos de Francia
- Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres
- Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán
- Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia
- Alumnos da École Normale Supérieure
- Profesores da École Normale Supérieure
- Profesores da Universidade de París
- Directores de museos