Dámocles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
N'A espada de Damocles, 1812 de Richard Westall, os raparigos novos da anécdota de Cicerón foron substituídos por virxes cun padrón neoclásico, Thomas Hope.

Dámocles é o personaxe protagonista dunha anécdota moral grega clásica (coñecida coma: "a espada de Damocles") que figurou orixinalmente na historia perdida de Sicilia escrita por Timeo de Tauromenio (c. 356 - 260 a.C.). Cicerón puido tela lido en Diodoro Sículo, e fixo uso dela nas súas Tusculan Disputationes V.61 - 62. Dámocles era un cortesán bastante afagador na corte do tirano Dionisio, de Siracusa [1][2][3] El dicía que, como un grande home de poder e autoridade, Dionisio era verdadeiramente afortunado.[1]

O seu relato semella máis propio da lenda ca da historiaHoracio fai alusión a ela de Dámocles nun dos seus poemas:

Dámocles seica foi un cortesán excesivamente afagador na corte de Dionisio I, un tirano de Siracusa, Sicilia do século IV a. C. Propagou que Dionisio era realmente afortunado ao dispor de tal poder e riqueza. Dionisio arelaba escarmentar ao afagador, polo que se ofreceu a trocar a súa posición con el por un día, de xeito que puidese gozar de primeira man a súa sorte. Esa mesma tarde celebrouse un opíparo banquete onde Dámocles gozou sendo servido coma un rei. Só ao final da comida mirou cara arriba e ollou a afiada espada que penduraba atada por un único pelo de crina de cabalo directamente sobre a súa testa. Inmediatamente quitáronselle as ganas dos apetitosos manxares que lle serviran e as fermosas mulleres que demandara, e pediu ao tirano abandonar o seu posto, dicindo que xa non quería seguir sendo tan afortunado.[4]

A espada de Dámocles é unha frase empregada para exemplificar o perigo que se instala naqueles que ostentan gran poder, pois non só poden perdelo de súpeto, senón todo o demais, incluída a vida. Tallas en madeira da espada de Dámocles aparecen en libros europeos dos séculos XVI e XVII.

O asteroide (5335) Dámocles leva o seu nome, así como os damocloides, planetoides con órbitas semellantes ás órbitas excéntricas dun cometa,mais sen cola.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Cicerón, Tusculanarum disputationum, V.5.61
  2. Cicerón, Tusculanarum disputationum, V.61-62 <>[la]</> <>[en]</>
  3. Dionisio I de Siracusa ou seu fillo Dionisio II de Siracusa.
  4. Tusculanae deputacións de Cicerón en inglés

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]