Cándido Abellás Vázquez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1871 Señorín, España |
Morte | 18 de maio de 1951 (80 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Orde relixiosa | Ordes franciscanas |
Familia | |
Irmáns | César Abellás Vázquez |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Cándido Abellás Vázquez, nado en Señorín (O Carballiño) o 23 de febreiro de 1871 e finado en Vigo o 18 de maio de 1951, foi un relixioso e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sendo diácono, o 16 de maio de 1895 tomou o hábito da orde dos Freires Menores no Convento de San Francisco do Val de Deus, sendo nomeado frade un ano despois. O 27 de setembro de 1896 foi ordenado sacerdote. Foi vicedirector da publicación El Eco Franciscano. Pasou os seus últimos anos no convento de San Diego de Canedo (Ponteareas), e morreu na residencia franciscana de Vigo.
Foi irmán de Ramón e César Abellás Vázquez.
Obra
[editar | editar a fonte]As súas obras son de literatura piadosa e de estudos da doutrina mística. Publicou tamén numerosos artigos de temas espirituais.
- Devoto novenario a la Inmaculada Concepción de María Santísima, con una breve reseña histórica de su milagrosa imagen en el convento de P.P. Franciscanos de Castroverde de Campos (Barcelona, 1902)
- Páginas espirituales de vida sobrenatural (Santiago 1925)
- Leyenda de San Francisco de Asís, escrita por tres de sus compañeros (Lugo, 1927; versión castelá do texto latino de Marcelino de Civezza e Teófilo Domenichelli)
- Devotos pensamientos de Sta. Teresita del Niño Jesús (Barcelona, 1929, 2ª edición)
- El alma confiada. Breves consideraciones encaminadas a aumentar en las almas piadosas la confianza en Dios (Madrid, 1929)
- Suma espiritual para las almas religiosas (Santiago, 1933; prólogo de Samuel Eiján). O texto aparecera xa en El Eco Franciscano como serie de artigos co nome de "Esbozo de un libro".
- Glosario al alfabeto de religiosos por San Buenaventura
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1951). "ABELLÁS VÁZQUEZ, Cándido". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 3.
- Vilanova Rodríguez, A. (1952): "Orensanos Ilustres", na revista Posío, Arte y letras.