Cámara dos lords

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cámara dos Lords»)
Cámara dos lords en 2011
O Palacio de Westminster, sede da Cámara dos Lords e da Cámara dos Comúns

A Cámara dos lords,[1] (en inglés House of Lords),[2] tamén coñecida como House of Peers,[3] é a cámara alta do Parlamento do Reino Unido,[4] oficialmente Os Moi Honorables Lords Espirituais e Temporais do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte reunidos en Parlamento (The Right Honourable the Lords Spiritual and Temporal of the United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland in Parliament assembled).

Está formada por representantes da aristocracia británica, así como por 24 bispos e dous arcebispos.[2]

Tivo gran poder ata o século XIX, xa que podía rexeitar calquera lei aprobada na Cámara dos Comúns. Hoxe en día ten un papel simbólico e tradicional.

Ao contrario do que ocorre na Cámara dos Comúns, os membros da Cámara dos Lords non se elixen mediante elección, dividíndose segundo o seu dereito a formar parte da Cámara en «lords espirituais» e «lords temporais». Os lords espirituais son 26 bispos elixidos polo seu prestixio e a súa dilatada carreira eclesiástica dentro da Igrexa anglicana. Os lords temporais conforman o resto, sendo a maioría membros con dereito vitalicio non hereditario, nomeados polo Rei co asesoramiento do primeiro ministro. Isto é así porque, antigamente, o dereito a formar parte da Cámara dos Lords como lords temporais era exclusivamente hereditario; pero actualmente, e tras sucesivas reformas, os membros por herdanza desta Cámara son só unha pequena porción. Desde marzo de 2010, a Cámara dos Lords conta con 788 membros, 138 máis que a Cámara dos Comúns, que conta con 650.

O Lord Speaker (presidente da Cámara) desde 2021 é John McFall, Barón McFall of Alcluith.[5]


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Shell, Donald (2007): The House of Lords (3rd ed.). Machester: Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-5443-3.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]