Cynognathus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cynognathus
Rango fósil: Triásico medio Triásico superior, 245 - 208 Ma
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Synapsida
Orde: Therapsida
Suborde: Cynodontia
Familia: † Cynognathidae
Xénero: † Cynognathus
Especie: † C. crateronotus
Nome binomial
Cynognathus crateronotus'
Seeley, 1895

O Cynognathus ("mandíbula de can") é un xénero representado por unha única especie terápsidos fósiles (réptiles similares a mamíferos), que viviron a mediados e finauis do período Triásico (entre 245 e 208 millóns de anos). Mide aproximadamente 1 metro. Evolutivamente está próximo aos mamíferos, de feito, é un antepasado, e é clasificado con eles no clado Eucynodontia. Os seus fósiles atopáronse en Suráfrica, Arxentina, China e Antártida. Tiña tres tipos de dentes nas mandíbulas, o seu corpo estaba cuberto con pelo, as orellas ben formadas e foi semellante a un lobo moderno, pero menor, cunha constitución corporal moito máis pesada e poderosa.