Saltar ao contido

Cyanopica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cyanopica
 Nome taxon
    Cyanopica
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaCorvidae
XéneroCyanopica Editar o valor en Wikidata
Bonaparte, 1850 Cyanopica Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0wxy94s Editar o valor en Wikidata
ITIS557603 Editar o valor en Wikidata
OTT636377 Editar o valor en Wikidata
CoL3XPS Editar o valor en Wikidata
EOL45518974 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Cyanopica é un xénero de aves da orde das paseriformes pertencente á familia dos córvidos,[1] distribuídas entre os extremos oriental e occidental de Eurasia.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome do xénero esta formado polo termo do grego antigo κυανός (kyanós) azul escuro e o nome en latín pica pega, é dicir, pega azul.[2][3] que describe o aspecto dos seus membros, as pegas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1850 polo naturalista e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte na súa obra Notes ornithologiques sur les collections rapportées en 1853 par M. A. Delattre. Mallet-Bachelier, París 1854.

O xénero contén só dúas especies:[1]

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]
A pica ibérica anteriormente considerada unha subespecie de Cyanopiva cyanus.

Durante moito tempo considerouse ao xénero Cyanopica monotípico, é dicir, integrado por unha soa especie, Cyanopica cyanus, con poboacións disxuntas nos dous extremos de Eurasia, posibelmente froito das últimas glaciacións que terían extinguido as poboacións intermedias e sobrevivindo illadas só as aves dos extremos costeiros máis cálidos. Porén, a pesar do seu aspecto similar as análises de ADN mostran gran diverxencia xenética entre as poboacións de Asia e a Península Ibérica, o que demostra que a separación entre ambas foi moi prolongada, podendo remontarse incluso ao Plioceno, polo que se considera que as dúas poboacións debían separarse en dúas especies, e por iso á antiga subespecie de España, Cyanopica cyanus cooki, se lle deu o rango de especie.[5]

  1. 1 2 Frank Gill & David Donsker Crows, mudnesters & birds-of-paradise 2015 IOC World version 4.4. Consultada o 19 de maio de 2023.
  2. ↑ «ciano Arquivado 19 de outubro de 2014 en Wayback Machine.», Dicciomed.eusal.es. Diccionario médico–biológico, histórico y etimológico, Universidade de Salamanca, 2011. Consultado el 19 de maio de 2023.
  3. ↑ Jobling, James A (1991). Charles Lucien Bonaparte. OUP. ISBN 0 1985 4634 3.
  4. ↑ BirdLife International (2012). Edición 2014.3. Lista vermella da UICN. Consultada o 19 de maio de 2023.
  5. ↑ A. Kryukov, M. A. Iwasa, R. Kakizawa, H. Suzuki, W. Pinsker e E. Haring. Synchronic east–west divergence in azure-winged magpies (Cyanopica cyanus) and magpies (Pica pica) Arquivado 09 de marzo de 2021 en Wayback Machine. J. Zool. Syst. Evol. Research 42 (2004): 342–345.