Curva isofónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Curvas isofónicas de Fletcher-Munson

As curvas isofónicas son curvas de igual sonoridade. Estas curvas calculan a relación existente entre a frecuencia e a intensidade (en decibelios) de dous sons para que estes sexan percibidos como igual de fortes polo oído, co que todos os puntos sobre unha mesma curva isofónica teñen a mesma sonoridade.

Así, se 0 fon corresponden a unha sonoridade cunha intensidade de 0 dB cunha frecuencia de 1 kHz, tamén unha sonoridade de 0 fon podería corresponder a unha sonoridade cunha intensidade de 60 dB cunha frecuencia de 70 Hz.

As primeiras curvas de igual sonoridade foron establecidas por Fletcher e Munson en 1930, nas que se observa como, a medida que aumenta a intensidade sonora, as curvas fanse, cada vez, máis planas. Isto tradúcese en que a dependencia da frecuencia é menor a medida que aumenta o nivel de presión sonora, o que significa que se diminúe a intensidade sonora, os últimos sons perceptibles en desaparecer serían os agudos (altas frecuencias).

As curvas de Fletcher e Munson foron recalculadas, máis tarde, por Robinson e Dadson.

Nótese que tanto as curvas Fletcher e Munson e as curvas de Robinson e Dadson só son válidas para un campo sonoro directo, dado que non teñen en conta que non percibimos por igual os sons se proveñen de diferentes direccións (campo sonoro difuso).