Saltar ao contido

Curtis na Lembranza, as feiras de 1900

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festa Curtis na Lembranza en 2017.

Curtis na Lembranza, as feiras de 1900 é unha festa local de Curtis, ambientada a comezos do século XX. Celébrase o último sábado de xullo desde 2016.

A festa rememora as orixes da feira de Curtis, que en 1994 cumpriu cen anos de historia.[1] Durante todo o día péchanse as rúas ao tráfico e fanse actividades culturais e históricas tentando lembrar como era o lugar a principios do século XX.