O curry xaponés[1][2] (en xaponés:日本のカレー; karē) é un dos pratos máis populares do Xapón. Adoita servirse xunto con arroz e tonkatsu ou outros acompañamentos, como arroz ao curry(カレーライス,karē raisu?), mais tamén existen pratos baseados en curry que non empregan arroz, como karē udon (fideos grosos) ou karē-pan (pan de curry), se ben non son tan populares como o curry con arroz. O mollo de curry en si é menos especiado que o seu equivalente indio. Hai variedades que varían dende un sabor máis suave e doce até outras moi picantes.
Para elaborar o curry xaponés emprégase unha ampla variedade de vexetais e carnes. As verduras básicas son as cebolas, as cenorias e as patacas. Respecto á carne, a de vitela, porco, polo e ás veces pato son as máis populares. O katsu-karē é un tonkatsu (porco apanado fritido troceado) con mollo de curry.
O curry foi introducido no Xapón polos ingleses durante a era Meiji (1869–1913), época na que a India estaba baixo administraciónbritánica. O prato fíxose popular e pasou a estar dispoñible en supermercados e restaurantes a finais dos anos 1960. Foi adaptado dende a súa introdución, e o seu consumo é tan xeneralizado que pode considerarse un prato nacional.[3]
All Japan Curry Manufacturers Association (1 de marzo de 2019). "The World of Japanese Curry". Foodies Go Local. All Japan Curry Manufacturers Association. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2022.