Curro, Barro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Curro
Igrexa parroquial.
ConcelloBarro[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°30′35″N 8°40′30″O / 42.50972222, -8.675Coordenadas: 42°30′35″N 8°40′30″O / 42.50972222, -8.675
Poboación751 hab. (2021)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Curro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Barro. Segundo o INE de 2016 tiña 777 habitantes (400 mulleres e 377 homes), 32 máis ca en 2004. Ten cinco entidades de poboación.

Historia[editar | editar a fonte]

En outubro de 2009 levouse a cabo por parte de voluntarios da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica a escavación dunha foxa, no adro da igrexa parroquial, onde se soterrou ao xornalista de 19 anos Ramón Barreiro Rodríguez, veciño de Barro, e ao electricista de 27 anos Castor Cordal Garrido, veciño de Cambados e afiliado á CNT. Foron fusilados na madrugada do 15 de setembro de 1936 preto da estrada a Pontevedra, e soterrados á noitiña.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Do baldaquino de Santa María de Curro consérvanse tres pezas incrustadas nas paredes das escaleiras de subida ó adro da igrexa de Santa María de Curro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Curro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Curro no concello de Barro (Pontevedra)

Bretoña | Couso | Currás | Fonte do Curro | Outeda

Parroquias de Barro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Barro

Agudelo (San Martiño) | Barro (San Breixo) | Curro (Santa María) | Perdecanai (Santa María) | Portela (San Mamede) | Valiñas (Santo André)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]