Saltar ao contido

Cultura da olería do peite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cultura da olería do peite
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
Datas
 Período
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/04qrfk Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
En Violeta (Comb Ceramic Potery), a cultura da olería do peite.

A cultura da cerámica do peite é unha cultura arqueolóxica europea do Neolítico, que existiu desde ao redor do 4200 a. C. ata arredor do 2000 a. C. O nome deriva do tipo de decoración máis común na súa olería, que se asemella ás pegadas dun peite.

Distribución

[editar | editar a fonte]

A distribución dos artefactos atopados inclúe Finnmark (Noruega) no norte, o río Kalix (Suecia) e o Golfo de Botnia (Finlandia) no oeste, e o río Vístula (Polonia) no sur. Ata chegar ós Montes Urais.

Inclúe a cultura de Narva, en Estonia e a cultura Sperrings en Finlandia, entre outros. Crese que provén esencialmente da economía cazadores-recolectores, aínda que Narva amosa algunhas evidencias de agricultura.

Unha parte desta rexión foi posteriormente absorbida polo horizonte da Cultura da olería cordada.

Cerámica

[editar | editar a fonte]
Pente de cerámica.

Divídese nos seguintes períodos:

Non obstante, as datas de radiocarbono calibradas para algúns fragmentos de cerámica atopados no Istmo de Carelia dan datas entre 5600 a. C. e 2300 a. C.[1]

Os asentamentos localizáronse na ribeira do mar ou na beira dos lagos, e a economía baseábase na caza, pesca e na recolección de plantas. En Finlandia, foi unha cultura marítima que se especializou na caza focas. A vivenda dominante é o teepee de 30 metros cadrados, onde poderían vivir unhas 15 persoas. Houbo tamén casas de madeira rectangulares, especialmente en Finlandia desde o 4000 a. C. As tumbas escavabanse dentro dos asentamentos e os mortos eran cubertos de ocre vermello.

A cultura caracterizouse pola presenza de pequenas figuras de arxila e cabezas de animais feitas de pedra. As cabezas de animais representan normalmente osos e alces e obtivéronse a partir de técnicas do mesolítico. Houbo tamén moitas pinturas rupestres.

Existe unha hipótese sobre a orixe urálica desta cultura. Crese que non falaban unha lingua indoeuropea.

Vexa tamén

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Cultura de Narva
Culturas da Europa Nórdica
Neolítico
4200 a. C.-2000 a. C.
Sucesor:
Pobos urálicos
    Referencias

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Bibliografía

    [editar | editar a fonte]

    Outros artigos

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]