Está situado á beira do Mar Cantábrico, a 55 km ao noroeste de Oviedo e ao oeste de Xixón. Na capital do concello as casas están distribuídas en chanzos, dende o mar ata o monte.
Destacan o conxunto histórico de Cuideiru, a igrexa de Santa María e a casa reitoral de Soto de Luiña, antigo hospital de peregrinos, así como a igrexa de San Martín de Luiña, en Escalada, todos eles catalogados como bens de interese cultural.
Outros monumentos históricos son a capela do Humilladero, gótica, moi reformada. No palacio de La Quinta de Selgas, do século XVI,[5] en Selgas de Abajo, El Pito, Piñera, está o museo homónimo, que alberga pinturas de Goya, El Greco, Luca Giordano, Corrado Giaquinto e Vicente Carducho.[6]
A corporación local, formada por 5 concelleiros do PP, 5 do PSOE, 1 da FAC, 1 de SOMOS e 1 de Veciños por Cuideiru, está presidida polo popular Ignacio Escribano Fernández.[1]