Cube (filme)
Aparencia
| Cube | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||
Cube é un filme canadense de 1997 de ciencia ficción e terror psicolóxico dirixido e coescrito por Vincenzo Natali.[1] Unha produción de Canadian Film Centre,[2] o filme conta a historia dun grupo de persoas atrapadas en habitacións con forma de cubo, algunhas das cales teñen trampas preparadas para matalos.
Cube acadou notoriedade como filme de culto debido á súa atmosfera surrealista e ambientación kafkiana, ademais das habitacións cúbicas de inspiración industrial. Na súa estrea recibiu críticas diversas e tivo dúas secuelas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Maurice Dean Wint como Quentin McNeil, un oficial de policía. É un home forte e agresivo que se fai cargo do grupo e asume a maioría das tarefas perigosas.
- Nicole de Boer como Joan Leaven, unha moza estudante con habilidades matemáticas.
- David Hewlett como David Worth, un descontento crónico e cínico que deseñou sen querer a carcasa exterior do Cube.
- Andrew Miller como Kazan, un home autista coa habilidade de facer cálculos moi rápidos de números primos.
- Nicky Guadagni como Dr. Helen Holloway, unha doutora e teórica das conspiracións
- Wayne Robson como Rennes, tamén coñecido como "the Wren", un escapista que fuxiu de sete prisións.
- Julian Richings como Alderson, un prisioneiro e misterioso personaxe. Espertou noutra habitación e nunca se encontrou co resto do grupo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gates, Anita (11 de setembro de 1998). The New York Times, ed. "Cube (1997) FILM REVIEW; No Maps, Compasses Or Faith".
- ↑ cfccreates.com (ed.). "The Canadian Film Centre :: Our Projects". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cube na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)