Cuando mis padres dejaron de ser amigos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cuando mis padres dejaron de ser amigos é un álbum ilustrado de Moore-Mallinos, Jennifer. Ilustrado por Marta Fábrega e traducido por Carlos Ganzinelli. Foi publicado pola editorial Edebé no ano 2006.

Trama[editar | editar a fonte]

Trátase dunha historia realista dende os ollos dunha nena que está a vivir o proceso de separación dos seus pais. A historia comeza coa nena contando como era a vida cos seus pais, conta que xogaban xuntos, vían a televisión… ata que comezan as discusións, que ela escoita dende o seu cuarto. Narra coma todo vai cambiando drasticamente. A nena chega a ver á súa nai chorando e non entende nada, séntense culpable polo que acontece no fogar e pensa que é polas súas cualificacións na escola ou pola súa conduta. O conto pon de relevo como a nena asociaba a separación cun problema de ruptura de amizade entre os seus proxenitores, que discutían, enfadábanse e non falaban. Conta como o pai marcha da casa e a explicación que lle dan da situación: non é culpa súa, senón que ás veces os pais se levan mellor vivindo en casas separadas, aínda que iso non ía cambiar o amor que tiñan por ela. Despois deste feito, a nena conta que os seus pais xa non están tristes, que comparte momentos con ambos por separado e que agora ten dous fogares. Tamén relata que cando ten un partido de baloncesto ou no seu aniversario, os pais se xuntan para estar con ela e que incluso xogan xuntos ou ven a televisión coma antes. A historia remata coa nena entendendo que seus pais sempre van estar aí para ela sen importar o pasado e que quere aos dous por igual.

Edición[editar | editar a fonte]

Conto narrativo en castelán, de tamaño medio (24 x 24 cm) e consta de 29 páxinas. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura. Na cuberta vemos o título e un debuxo da nena protagonista da historia e na contracuberta aparece a imaxe da nena e a súa nai xogando, ademais dun breve resumo da historia. A organización do conto asenta na distribución de texto e imaxe en páxinas consecutivas. No final do conto podemos atopar unha breve guía para os pais. No interior do libro, as ilustracións conteñen moitos detalles e son moi realistas e descritivas, con cores pasteis.

Potencialidades educativas[editar | editar a fonte]

Este conto serve para explicarlles aos nenos/as a separación dos pais e é un bo recurso para os nenos/as que teñen aos seus pais separados ou estean separándose, xa que se sentirán identificados/as coa protagonista deste conto. Tamén se pode tratar o tema das emocións, que senten os protagonistas nas diferentes fases do proceso de separación e os cambios sociais que provocan estas situacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Moore-Mallinos, Jennifer (2006). Cuando mis padres dejaron de ser amigos. Ilustr. Marta Fábrega, trad. Carlos Ganzinelli. Barcelona: Edebé, col. Díselo a alguien, [29 pp.]. ISBN 84-236-7884-9.

Ligazóns de interese[editar | editar a fonte]