Saltar ao contido

Crumble

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Crumble
Imaxe
 Subclase de
 Nome orixinal
crumble (en) Editar o valor en Wikidata
 Prato
 Gastronomía
Características
 Material / ingrediente
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
TasteAtlascrumble Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01hcpd Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Crumble

O crumble é un pastel con froitas. Elabórase con diversas froitas que se recobren cunha masa de fariña, manteiga manteiga e azucre. Todo iso introdúcese no forno. Adóitase servir como sobremesa quente acompañado de cremas de ovo ou de leite, xeado ou compotas de diferentes froitas.

Crese que o crumble naceu debido ao racionamento de alimentos existente en Inglaterra durante a segunda guerra mundial.

Características

[editar | editar a fonte]

As froitas máis frecuentemente empregadas na elaboración desta torta son: grosellas brancas, ruibarbo, mazás, amoras, peras, cereixas, etcétera. Prefírense aquelas froitas que proporcionan á pasta un sabor lixeiramente acedo, por iso as froitas bravas son mellores. A masa pódese facer con fariña e manteiga, aínda que hai receitas que empregan anacos de galletas ou biscoitos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]