Cruceiros de Ourolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Na aldea de Ourolo, parroquia de Taragoña, (Provincia da Coruña), atópanse dous cruceiros, ó longo da vella corredoira que percorre paralelamente a estrada comarcal AC-305 (Padrón-Riveira).

O cruceiro de Ourolo que se atopa máis ó norte da aldea, posúe unha plataforma cadrangular dun grao e pedestal cadrangular rematado en chafráns. O seu fuste é de tipo circular, cun capitel cadrangular co ábaco circular liso, astrágalo de lados curvos e vértices agudos, decoración de anxo con ás, e volutas. A súa cruz é de sección cadrangular con brazos chafranados e remates florenzados. O Cristo atopase crucificado e sinala có índice da man esquerda, leva coroa de espiños e pergameo de INRI. A Virxe está orando coas mans xuntas sobre peaña de nubes.

O outro cruceiro que se localiza na aldea de Ourolo está carente de plataforma, con pedestal cadrangular rematado con chafráns, o seu fuste circular cadrado no comenzo, capitel cilíndrico co ábaco de lados curcos e vérticos chafranados, volutas, follas, cabezas de anxo con ás e caveiras con tibias en cruz. A Cruz é de sección cadrangular cos brazos chafranados e remates florenzados. Presenta un Cristo crucificado coas mans abertas, con coroa de espiñas e cartela de INRI. A Virxe ora coas mans xuntas sobre peaña.