Cruceiro das Brañas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O cruceiro de Brañas atopase na zona de Chorente, parroquia de Taragoña (A Coruña). É de plataforma e pedestal cuadrangular, rematado en roda con bocel e con paramentos recadrados. O seu fuste é cuadrangular con paramentos recadrados na base. O capitel cuadrangular co ábaco de lados curvos e vértices chafranados, decorado con follas e con cabeza de anxo con ás. A cruz basta cuadrangular. O seu Cristo crucificado, mans abertas e coroa de espiñas. A Virxe atopase orando sobre nubes con dedos das mans entrelazados.

No verán do ano 2006, por mor dun accidente de tráfico, este cruceiro quedou desfeito. Sendo restaurado finalmente no verán do ano 2007.