Crotram

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tranvía do modelo TMK 2100.

Crotram é un grupo asociado de empresas croatas que fan tranvías para a cidade de Zagreb principalmente, na República de Croacia.

Crotram é un consorcio composto por tres empresas: Končar-Elektroindustrija d.d e Gredelj, ámbalas dúas na cidade de Zagreb, e a empresa Đuro Đaković Holding d.d. desde a cidade de Slavonski Brod.

Modelo de tranvía TMK 2200 tram (#2215) en Zagreb, Croacia. Feito en 2006.

Crotram vende os seus tranvías para a ZET principalmente (empresa encargada de tódolos medios de transporte público na cidade de Zagreb e aos arredores da cidade). Crotram tenta vender modelos de tranvía noutras cidades, levando a cabo con éxito a venda de varias unidades de tranvías para a cidade de Helsinqui (Finlandia).

O modelo TMK 2200 conta con 32 metros de longo, e pode ir tan rápido como os 70 km/h e conta cunha capacidade de 202 persoas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]