CrossFit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Woman in orange doing CrossFit pull-up (February 26 2010).jpg

CrossFit constitúe unha marca rexistrada propiedade de CrossFit Inc. Consiste nun tipo de deporte composto por un conxunto de exercicios variados, con actividades destinadas á realización de movementos funcionais, efectuados a unha alta intensidade.

Descrición e historia[editar | editar a fonte]

Trátase dun tipo de adestramento formado por diferentes movementos pertencentes todos eles a outros tipos de deportes como a halterofilia ou o adestramento metabólico e o ximnástico.

Ten como finalidade a realización dunha serie de exercicios como as flexións ou a tracción. Todo isto debe darse nun tempo e cun número de repeticións determinado.

O principio fundamental desta disciplina é o mantemento constante dunha alta motivación mental dos seus e das súas practicantes. Pode ser levada a cabo tanto individual como colectivamente. A duración do exercicio adoita ser curto, con accións variadas que se adecúan ao nivel que posúa cada suxeito.

Maurice Ruiz and Ben Poon.jpg

Greg Glassman, creador do CrossFit, foi o encargado de deseñar diversos grupos: a algúns deles púxolles o nome de mulleres como referencia aos famosos furacáns americanos, mentres que a outros nomeounos con nomes de heroes militares, policías ou bombeiros a modo de recoñecemento.

Así mesmo, existen tamén outros grupos de exercicios que non posúen un nome determinado, senón que o que consta, simplemente, é a súa caracterización. O tempo de práctica de cada un dos grupos pode ser bastante cambiante: dende os cinco minutos ata a media hora, sen ter en conta neste tempo a parte previa de quecemento e a parte final de relaxación.

Cada grupo pode estar composto por ata outros tres grupos de exercicios, dependendo da parte do corpo coa que se desexe traballar.

Dentro desta área destacan deportistas como: Katrin Tanja Davidsdottir, Tia-Clair Toomey, Samantha Briggs,[1] Rich Froning JR, Mat Fraser, Ben Smith, Jason Khalipa e Mikko Salo,[2] entre outros.

Adestramento[editar | editar a fonte]

Tyre flipping , crossfit.jpg

Os adestramentos CrossFit ou tamén chamados “WOD” (Work Of the Day en inglés ou traballo do día en galego) teñen como duración máxima unha hora e dispóñense do xeito seguinte:

  • Entrada en calor: É completamente necesario levar a cabo un quentamento previo á realización do exercicio ou da actividade principal para evitar que o corpo poida desenvolver algún tipo de lesión máis ou menos grave. Os exercicios que con frecuencia se adoitan desempeñar nesta parte son: saltos, abdominais, as clásicas flexións, etc.
  • Técnica/Forza A: Esta primeira parte corresponde xa á actividade principal, ten exercicios nos que se pretende traballar coa forza, así como a técnica e a potencia. É completamente necesario utilizar todo o peso que o individuo sexa capaz de levantar tendo en conta tanto o exercicio en si coma o número de repeticións do mesmo. O tipo de exercicios que se desenvolven neste momento son: Deadlift (peso morto), Snatch (arrancada), Hang clean (cargar), Hang clean & jerk (cargar e levantar), Planks (prancha abdominal) e Bench Press (pesas nun banco), entre outros moitos.
  • Parte B: Constitúe o fragmento máis esgotador de todo o adestramento. Aumenta notablemente o nivel de intensidade, o que fai que o peso que teña que ser superado sexa moito menos que na anterior parte. O obxectivo a alcanzar consiste en aumentar a capacidade respiratoria do individuo. Xeralmente, combínanse exercicios da parte A con outros que non requiren peso ya que son máis de resistencia, como por exemplo: saltos, as flexións clásicas, abdominais, carreira a velocidade máxima, balanceo, pistols, etc.

Cómpre destacar que en calquera das dúas partes é o propio suxeito de cada unha das actividades o que decide en todo momento o peso que quere utilizar, xa que o obxectivo fundamental é o cumprimento de cada un dos exercicios co peso recomendado para cada tipo de persoa. É moi recomendable o emprego dun reloxo para axustar o tempo preciso, o número de intervalos e o nivel de intensidade.[3]

  • Elongación: O avaliador pon en práctica unha relaxación grupal de todos os músculos do corpo empregados durante todo o proceso de adestramento coa finalidade de previr calquera tipo de lesión que podería ter lugar.

Todas estas prácticas de tipo deportivo realízanse dentro do box, que é o lugar propio deste adestramento. Dependendo tanto do box coma da localización do mesmo, en ocasións existen exercicios que poden ser realizados fóra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Legacy Leaderboard. CrossFit Games». CrossFit Games. Consultado o 8/3/2017 (en inglés).
  2. «Crossfit: Los crossfitters más famosos del planeta». www.deeplovers.com. Consultado o 28/1/2017 (en castelán).
  3. «Tabata Timer» Arquivado 12 de setembro de 2017 en Wayback Machine.. TimerFit. 20/10/2014. Consultado o 14/11/2014.