Croc-Blanc (filme de 2018)
Para o filme homónimo de 1991 véxase Cairo Branco
Cairo branco | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Croc Blanc (White Fang) |
Director | Alexandre Espigares |
Produtor | Bidibul Productions Big Beach |
Guión | Serge Frydman Philippe Lioret Dominique Monfery |
Baseado en | Cairo branco de Jack London |
Intérpretes | Voces: Nick Offerman Rashida Jones Paul Giamatti Eddie Spears |
Música | Bruno Coulais |
Fotografía | Animacíon |
Distribuidora | Wild Bunch Netflix |
Estrea | 2018 |
Duración | 85 minutos |
Orixe | Francia Estados Unidos Luxemburgo |
Xénero | Animación |
Na rede | |
Cairo branco (título orixinal en francés: Croc-Blanc) é un película de animación de 2018 dirixida por Alexandre Espigares, baseada na novela do mesmo nome do autor estadounidense Jack London.[1]
Nos Premios do Cinema Europeo foi proposto para mellor filme de animación en 2018.
Resumo
[editar | editar a fonte]O filme relata a historia de Cairo branco (ou Cabeiro branco), un valente can lobo. Inicialmente é amestrado por Castor Gris e a súa tribo india, quen se ve obrigado a entregarllo a un home malvado. Salvado por unha amigable parella, o can deberá deixar de lado os seus instintos salvaxes e afacerse a vivir rodeado de humanos.
Repartición de voces
[editar | editar a fonte]- Nick Offerman é Marshal Weeden Scott
- Rashida Jonesé Maggie Scott
- Paul Giamatti é Beauty Smith
- Eddie Spears é Castor Gris
- David Boat é Jim Hall
- Sexan Kenin é Bookie
- Raquel Antonia é Vichi
- Daniel Hagen é Marshal Todd
- Stephen Kramer Glickman é Ned
- William Calvert é William
O filme obtivo comentarios positivos por parte da crítica especializada.[2] No sitio Rotten Tomatoes conta cun índice de aprobación do 88% cun rating medio de 7.2 sobre 10. Kate Erbland de IndieWire eloxiou a película, afirmando: "O poder e a maxestosidade de Cairo branco, un marabilloso protagonista, fai que a viaxe pague a pena". Tim Brayton de Alternate Ending afirmou no seu comentario: "Cairo branco é un dos intentos máis interesantes de facer algo distinto coa animación dixital en 3D que viu a luz en moito tempo".[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha de Colmillo blanco (2018) en filmaffinity" (en castelán). Consultado o 2019-01-22.
- ↑ 2,0 2,1 "White Fang (Croc-Blanc) (2018), en rottentomatoes" (en inglés). Consultado o 2019-01-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Croc-Blanc na IMDb (en inglés).