Cristina Pedreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristina Pedreira
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor em Wikidata
Ferrol Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX
Datos persoais
ResidenciaSuíza
México Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionaria pública , arquiveira Editar o valor em Wikidata
EmpregadorQ11686925 Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeRamón María Tenreiro Editar o valor em Wikidata

Cristina Pedreira de Tenreiro nada en Ferrol en 1897 e finada en México, foi unha arquiveira galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Ferrol en 1897,[1] e como funcionaria arquiveira estivo destinada no Ministerio de Estado. Pertenceu á Asociación de Funcionarios Públicos da UGT de Valencia e tamén ao Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos.[2][3]

Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, exiliouse en Suíza co seu marido Ramón María Tenreiro. Tras quedar viúva a finais de 1939, trasladouse a Francia onde embarcou no barco De Grasse rumbo a México.[1] A viaxe comezou no porto de Le Havre, fixo escala en Nova York e chegou a México o 29 de febreiro de 1940, desembarcando en Nuevo Laredo (Tamaulipas).[1][4][5]

En México, traballou activamente no Comité Feminio da Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles (JARE),[6] sendo a súa vogal, mentres que Pilar Bolívar era a presidenta.[7] O JARE foi a principal organización de axuda que tiña o exilio republicano español en México.[8] O Comité Feminino estaba subordinado a outros órganos da JARE, como a Delegación e o Comité de Socorro, e os seus soldos eran notablemente inferiores.[9] A composición do Comité de Mulleres da JARE estaba formada maioritariamente por mulleres que tiñan en común ser viúvas ou esposas de ilustres personalidades relacionadas con Indalecio Prieto.[9][10] Encomendáronlles o tradicional papel de coidados atribuídos ás mulleres e encargáronse dos asuntos das familias exiliadas, tanto no ámbito doméstico en materia de alimentación, vestimenta, asistencia ás mulleres embarazadas como a instrución e educación dos nenos e nenas.[11]

En canto á súa acción pública, subordinada á dirección do JARE, consistiu en contestar cartas, dar resposta a solicitudes de necesidades de axudas, como bolsas e xestión dos colexios subvencionados pola JARE, préstamos de diñeiro ás familias e tamén relacións públicas coa Goberno mexicano e as súas institucións.[11]

Non está clara a data de falecemento de Cristina Pedreira e en relación ao lugar do mesmo, soamente consta na ficha do Portal de Arquivos Españois (PARES) como último lugar de residencia en México (Distrito Federal, México).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 México, Secretaría de Gobernación. Departamento de Migración (1940-2-29). Ficha Personal de Cristina Pedreira Tenreiro (Informe). Registro Nacional de Extranjeros en México (copia dixital). Secretaría de Gobernación de México. ES.28005.AGA. 
  2. "Persona - Pedreira de Tenreiro, Cristina (1897-?)". Consultado o 2022-03-19. 
  3. "Institución - Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos (España)". Consultado o 2022-03-19. 
  4. "Pedreira, Cristina". Fundación Pablo Iglesias (en castelán). Consultado o 2022-03-19. 
  5. 5,0 5,1 "Movimientos Migratorios Iberoamericanos". Consultado o 2022-03-19. 
  6. "Institución - Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles". Consultado o 2022-03-19. 
  7. Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles (JARE) (1939). Libro de Actas de la Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles. Libros I y II. (1939-1941) (en castelán). pp. 34; 111. 
  8. "Cristina Pedreira de Tenreiro (1897-)". Centro de Información Documental de Archivos (CIDA). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-03-24. 
  9. 9,0 9,1 Domínguez Prats, Pilar (1992). Mujeres españolas exiladas en México (1939-1950) (Tese). Universidad Complutense de Madrid. p. 159. 
  10. Velázquez Hernández, Aurelio (2012). La otra cara del exilio: Los organismos de ayuda a los republicanos españoles en México (1939-1949). (Tese) (en castelán). Universidad de Salamanca. p. 368. 
  11. 11,0 11,1 Domínguez Prats, Pilar (1992). Mujeres españolas exiladas en México (1939-1950) (Tese). Universidad Complutense de Madrid. p. 160. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]