Cristina Ledo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de setembro de 1999 A Coruña |
| Educación | Universidade Alfonso X el Sabio |
| Actividade | |
| Ocupación | pianista, actriz |
| Sitio web | cristinaledo.com |
Cristina Ledo Iglesias é unha pianista, compositora e actriz galega da Coruña.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como pianista actuou no Carnegie Hall de Nova York, no Teatro Real e no Auditorio Nacional de Música de Madrid. En 2023 traballaba como mestra e repertorista na Universidade Alfonso X el Sabio.[1]
En setembro dese ano participou na temporada lírica da Asociación de Amigos da Ópera da Coruña cun recital no Museo de Belas Artes da Coruña, xunto coa soprano Susana García. O programa incluíu obras de Gaetano Donizetti, Jules Massenet, Léo Delibes e Enrique Granados, e Ledo interpretou tamén a súa composición para piano 22:22.[1]
No cinema traballou como dobre de mans de Aitana Ocaña nas escenas de piano do filme Pared con pared. Tamén participou en Farándula. En decembro de 2024 apareceu no programa televisivo El piano, de La Sexta, onde interpretou 22:22 ante o xurado formado por Mika e Pablo López.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "Susana García y Cristina Ledo en la temporada lírica de A Coruña". Amigos de la Ópera de A Coruña (en castelán). 22 de setembro de 2023. Consultado o 8 de outubro de 2026.
- 1 2 "Cristina Ledo, doble de manos de Aitana en 'Pared con Pared', deslumbra con su tema propio '22:22'". La Sexta (en castelán). 3 de decembro de 2024. Consultado o 8 de outubro de 2026.