Cristina Durán Costell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cristina Durán Costell
Cristina Durán Costell.jpg
Nacemento1970
Lugar de nacementoValencia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Politécnica de Valencia e Middlesex University
Ocupaciónilustradora e artista de banda deseñada
Coñecida porsen etiquetar e sen etiquetar
PremiosPremio Nacional de Banda deseñada de España
Na rede
Twitter: CrisDuranLaGRUA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cristina Durán Costell, nada en Valencia en 1970, é unha ilustradora e debuxante.[1] Premio Nacional de Cómic en 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse pola facultade de Belas Artes de Valencia na especialidade de debuxo. Mentres estudaba creou o fanzine No Aparcar Llamo GRUA con Miguel Ángel Giner, Robin e Alberto Botella. Posteriormente, en 1993, os catro crearon a empresa LaGRUAestudio, dedicada á ilustración de libros e publicidade, o cómic e a animación.[2] Traballou para que a Asociación Profesional de Ilustradores de Valencia (APIV) retomase a súa actividade en 1997 e foi a súa presidenta entre os anos 2006 e 2009. Tamén foi membro da Xunta Directiva da Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales (FADIP) e da xunta fundadora do European Illustrators Forum (EIF).[3]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • Finalista do Premio Nacional de Cómic entregado polo Ministerio de Cultura de España por Una posibilidad entre mil (2010)[4]
  • Finalista do Premio Nacional de Cómic entregado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte por La máquina de Efrén (2013)[5]
  • Premio Nacional de Cómic en 2019 como debuxante xunto co guionista Miguel Ángel Giner Bou por El día 3.[6]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El segle d'or valencià (cop. 2014) - Durán, Cristina, 1970-". Consultado o 1 de xullo de 2015. 
  2. "APIV - Cristina Duran". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 12 de maio de 2014. 
  3. "Biografías". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2015. Consultado o 12 maio de 2014. 
  4. Burgo, Pilar G. del (21 de novembro de 2010). "El cómic de una hija con discapacidad". Consultado o 16 de maio de 2014. 
  5. "Durán y Giner Bou repiten como finalistas del Premio Nacional de Cómic". 31 de outubro de 2013. Consultado o 1 de xullo de 2015. 
  6. JIMÉNEZ (@vinetabocadillo), JESÚS (2019-11-12). "'El día 3', de Miguel Ángel Giner Bou y Cristina Durán, Premio Nacional de Cómic 2019". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2020-02-06.