Cristina Alberdi
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Cristina Alberdi | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Cristina Alberdi Alonso |
Nacemento | 22 de febreiro de 1946 |
Lugar de nacemento | Sevilla |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | política e avogada |
Irmáns | Inés Alberdi |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cristina Alberdi Alonso, nada en Los Rosales (provincia de Sevilla) o 22 de febreiro de 1946, é unha avogada e política andaluza.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Dereito, desde 1970 foi avogada do Colexio de Avogados de Madrid, en 1975 organizou un colectivo xurídico de carácter feminista. Foi vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial (1985-1990), Ministra de Asuntos Sociais (1993-1996), deputada no Congreso dos Deputados (1996- 2003) e presidenta da Federación Socialista Madrileña (1997-2000).
No ano 2003 deixou o PSOE, onde militaba desde 1995, pola súa oposición ó pacto entre o PSC e ERC para goberna-la Generalitat de Cataluña, acusando ó seu partido de incluír reivindicacións nacionalistas. Actualmente é presidenta do Consello Asesor do Observatorio contra a Violencia de Xénero da Comunidade de Madrid, nomeada por Esperanza Aguirre. Mostrouse contraria ó Estatuto de Cataluña de 2006 e á negociación con ETA cunha posición política próxima á do Partido Popular.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cristina Alberdi ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados Arquivado 14 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
- Personalidades da política de Andalucía
- Feministas de España
- Nados en 1946
- Nados en Sevilla
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)
- Ministros de España