Crise inmobiliaria española de 2022-2025
| Crise inmobiliaria española de 2022-2025 | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
A crise inmobiliaria española de 2022–2026 é unha crise habitacional de carácter estrutural que afecta o mercado da vivenda, marcada polo encarecemento sostido dos prezos de compravenda e alugueiro, un acusado déficit de oferta residencial e crecentes barreiras de acceso a unha vivenda digna. O fenómeno responde a unha combinación de factores como o aumento da demanda habitacional, a escaseza de chan edificable, a expansión do alugueiro turístico,[1][2] a especulación inmobiliaria e o reducido parque de vivenda social.
Entre 2022 e 2024, o prezo medio da vivenda creceu máis dun 12 % interanual en varios períodos,[3][4] mentres que o alugueiro acumulou unha subida próxima ao 30 % desde 2022.[4] Segundo o Banco de España, o déficit de vivendas sitúase entre 450 000 e 600 000 unidades,[5] mentres que a vivenda pública representa apenas o 1,5 % do parque residencial nacional, fronte ao 9 % da media europea.[6]
Na comunidade autónoma galega a vivenda é un luxo, e só tres de cada dez persoas menores de 35 anos téñena en propiedade.[7]
A Comisión Europea advertiu que esta situación podería prexudicar o crecemento económico e a cohesión social de España se non se acometen reformas estruturais en materia de urbanismo, chan e vivenda.[8]
Hoxe en día o mercado inmobiliario converteuse nun dos principais dispositivos de desigualdade do capitalismo contemporáneo, como amosa o sociólogo Javier Gil no libro Generación inquilina (Capitán Swing).[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 20minutos (2025-05-30). "El aumento de pisos turísticos y temporales equivale casi a la mitad de la caída de la oferta de alquileres residenciales desde 2020" (en castelán). Consultado o 2025-06-14.
- ↑ Prego, Carlos (2025-01-06). "Si la pregunta es si los pisos turísticos encarecen el precio de los alquileres, ya tenemos la respuesta: más de un 30%" (en castelán). Consultado o 2025-06-14.
- ↑ El País (ed.). "El precio de la vivienda no cede y podría subir hasta un 9 % en 2025". Consultado o 8 de junio de 2025.
- 1 2 Cinco Días, ed. (4 de junio de 2025). "El alquiler de vivienda se dispara un 11 % interanual". Consultado o 8 de junio de 2025.[Ligazón morta]
- ↑ Expansión, ed. (31 de mayo de 2025). "El Banco de España alerta del déficit de vivienda: “Se necesitan entre 450.000 y 600.000”". Consultado o 8 de junio de 2025.[Ligazón morta]
- ↑ HuffPost (ed.). "Bruselas pide a España más vivienda pública y asequible al estar “muy por debajo” de la media de la UE". Consultado o 8 de junio de 2025.
- ↑ Ferreiro, Xacobe (2026-03-14). "A vivenda torna nun luxo: só tres de cada dez persoas menores de 35 anos téñena en propiedade". Nós Diario. Consultado o 2026-03-30.
- ↑ Cadena SER (ed.). "Bruselas insta a España a impulsar la vivienda social y advierte de que el problema habitacional puede afectar al crecimiento económico". Consultado o 8 de junio de 2025.
- ↑ Pujol, Guillem (2026-03-12). "Javier Gil: “La vivienda en propiedad ha funcionado como un dispositivo político”". lamarea.com (en castelán). Consultado o 2026-04-10.