Craveiro de India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Craveiro
Syzygium aromaticum - Köhler–s Medizinal-Pflanzen-030.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Myrtales
Familia: Myrtaceae
Subfamilia: Myrtoideae
Tribo: Syzygieae
Xénero: 'Syzygium'
Especie: ''S. aromaticum''
Nome binomial
''Syzygium aromaticum''
(L.)

O craveiro da India (Syzygium aromaticum) é unha árbore nativa das illas Molucas, na Indonesia. Dos seu gomos extráese o cravo empregado coma condimento.

Características[editar | editar a fonte]

Actualmente é cultivado noutras partes do mundo, coma a illa de Madagascar e de Granada.

O botón da súa flor, seco, utilízase como especia desde a antigüidade, empregado en gastronomía e na preparación de menciñas. O seu aceite ten propiedades antisépticas, sendo bastante utilizado en odontoloxía. Era unha das especias máis valoradas, no mercado do inicio do século XVI un quilo de cravo equivalía a sete gramas de ouro.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

A flor do craveiro é usada como tempero desde a antigüidade: era unha das mercadorías, entre as especias da China, que motivaran innumerables viaxes de navegantes europeos para o continente asiático. Na China, os cravos usábanse non só coma condimento, senón tamén coma antiséptico bucal: calquera que tivese audiencia co emperador precisaba mascar cravos para previr o mal hálito. Os viaxantes árabes vendían cravos na Europa xa no Imperio Romano.

Fume[editar | editar a fonte]

Os principais consumidores de cravo, no mundo, son os habitantes da Indonesia, responsable do consumo de máis do 50% da produción mundial. Mais o principal uso desta planta non é o gastronómico, senón a confección de cigarros aromatizados con craveiro, aló extremadamente populares, a punto de se afirmar que todo o país, en virtude deste hábito, parece estar perfumado co lene e característico aroma do cravo.

Medicina[editar | editar a fonte]

O contido total de aceite en cravos (de boa calidade) chega ao 15%. O aceite está composto, basicamente, por euxenol (do 70 ao 80%), acetato de euxenol (15%) e beta-cariofileno (do 5 ao 12%).

Este aceite úsase como materia prima na industria farmacéutica, cosmética e odontolóxica. Emprégase desde hai máis de 2.000 anos como planta medicinal. Os chineses crían no seu poder afrodisíaco. O aceite de cravo é un potente antiséptico. Os seus efectos medicinais comprenden o tratamento de náuseas, flatulencias, indixestión, diarrea, ten propiedades bactericidas e úsase tamén como anestésico e antiséptico para o alivio de dores de dentes. O Profesor Gary Elmer, Ph. D. do departamento de Química Médica da Escola de Farmacia da Universidade de Washington, en Seattle, salienta que "o euxenol realmente mata virus e bacterias".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Craveiro de India Modificar a ligazón no Wikidata