Saltar ao contido

Crangon nigricauda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Crangon nigricauda
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Caridea
Superfamilia: Crangonoidea
Familia: Crangonidae
Xénero: Crangon
Especie: C. nigricauda
Nome binomial
Crangon nigricauda
Stimpson, 1856 [1][2]

Crangon nigricauda é unha especie de crustáceo malacostráceo da familia dos crangónidos.

Habita nas costas do Pacífico norteamericano, desde Comox, Columbia Británica (Canadá) até a Baixa California, e constitúe, xunto con Crangon franciscorum, a maior parte da epifauna de crustáceos crangonoideos de Yaquina Bay (Oregón).

Ambas as especies aparecen frecuentemente xuntas nos estuarios, onde constitúen a base da alimentación de numerosas especies de peixes de importancia comercial e deportiva.

Crangon nigricauda péscase comercialmente na baía de San Francisco.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1856 polo naturalista estadounidense William Stimpson, en "On some Californian Crustacea" Proceedings of the California Academy of Sciences 1: 95-99.[1]

Nome galego

[editar | editar a fonte]

Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie, no seu Vocabulario multilingüe, o nome de quisquilla de rabo negro.[4]

Tamén se coñece co nome de camarón de rabo negro.[5]

Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son:

  • Castelán: quisquilla de rabo negro
  • Francés: crevette queue noire
  • Inglés: blacktailed shrimp

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary". Ver en liña.
  • Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]