Crónica de el-rei D. Pedro I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Crónica de el-rei D. Pedro I
Fernão Lopes - Crónicas de Dom Pedro I, Dom Fernando e Dom João I.jpg
Primeira páxina das Crónicas de D. Pedro I, D. Fernando e D. João I, manuscrito de c. 1525-1575.
Autor/aFernão Lopes
OrixePortugal Portugal
Linguaportugués
Xénero(s)Crónica

A Crónica de el-rei D. Pedro I, ou Crónica de D. Pedro, é un rexistro histórico do xénero crónica escrito por Fernão Lopes e que abrangue o período de tempo correspondente ao reinado de Pedro I de Portugal, de cognome o Xusticeiro, ou o Cruel, que decorreu entre 1357 e 1367.

Características[editar | editar a fonte]

A Crónica de D. Pedro I está dividida en corenta e catro capítulos e iniciada por un Prólogo. Dos diversos temas tratados ao longo da Crónica destacan a Xustiza, á que dedicou o Prólogo e seis capítulos,[1] a organización do Estado e as decisións do rei,[1] Inés de Castro, á que dedicou seis capítulos, relatando en especial a declaración de Pedro sobre o seu casamento con Inês, a persecución aos seus asasinos e a descrición dos restos mortais de Inés de Coímbra trasladados para Alcobaça,[2] un capítulo dedicado a Xoán I, fillo bastardo de Pedro e futuro rei,[3] e aínda o Reino de Castela ao cal dedica dezaseis dos capítulos, que se trata neste caso de decisións ou realizacións do rei Pedro I de Castela, sobriño do homónimo rei portugués, e para cuxa historia Fernão Lopes debe ter tido acceso ás Crónicas sobre a mesma época do cronista castelán Pedro López de Ayala.[4][5]

Fernão Lopes, que comezou por ter a profesión de tabelión, foi en 1418 nomeado garda mor da Torre do Tombo, ou sexa, xefe dos arquivos do Estado, lugar de confianza da corte, e que lle permitiu o acceso a importante documentación para a elaboración das súas Crónicas.[6] Fernão Lopes inicia probablemente a escrita da Crónica de D. Pedro en 1434, pois foi neste ano que o rei Duarte de Portugal lle atribuíu polo seu futuro traballo a paga anual de catorce mil reais.[1]

É a primeira das tres grandes crónicas do precursor da historia portuguesa, e tamén a primeira crónica rexia con características próximas ás que definiran o xénero cultivado no século XV e nos dous seguintes, sendo as outras dúas crónicas da autoría de Fernão Lopes a Crónica de D. Fernando e a Crónica de D. João I.[3]

"E dicían as xentes que tales dez anos nunca houbera en Portugal como estes que reinara el-Rei D. Pedro."
 
— Final da Crónica de D. Pedro[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Coelho, António Borges (1977). Livros Horizonte, ed. "Ideologia e História na Crónica de D. Pedro", prefácio à Crónica de D. Pedro (en portugués). p. 15-38. 
  2. Saraiva, António José (1996). Gradiva, colección Cultura e Historia do xornal Público, ed. O Crepúsculo da Idade Média em Portugal (en portugués). p. 47. 
  3. 3,0 3,1 Amado, Teresa (1993). "Crónica de D. Pedro". En Editorial Caminho. Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesas (en portugués). Lisboa. p. 182-184. 
  4. Porto Editora (ed.). "Crónica de El-Rei D. Pedro". Infopédia (en portugués). Consultado o 24 de febreiro de 2018. 
  5. Arnaut, Salvador Dias (1979). Livraria Civilização Editora, ed. Introdução à Crónica de D. Fernando (en portugués). Porto. p. IX-X. 
  6. António José Saraiva e Óscar Lopes (1996). História da Literatura Portuguesa (en portugués) (17ª ed.). p. 122. 
  7. Lopes, Fernão (1977). Livros Horizonte, ed. Crónica de D. Pedro (en portugués). Org. prefacio e notas de António Borges Coelho. p. 163.