Cova de Valporquero
Cueva de Valporquero Cova de Valporquero |
||||
País: | ![]() |
|||
Com. Autónoma: | ![]() |
|||
Provincia: | ![]() |
|||
Concello: | Vegacervera | |||
Localidade: | Valporquero de Torío | |||
Coordenadas: | ||||
Fuso horario: | CET, UTC+1 | |||
Tipo de cova: | ||||
Lonxitude: | n/d | |||
Altitude: | 1.309 m. | |||
Profundidade: | n/d | |||
Sitio web | cuevadevalporquero.org |
A cova de Valporquero é unha cavidade subterránea que está situada en Valporquero de Torío, no concello de Vegacervera, ao norte da provincia de León (España). A caverna abriuse ao público en 1966.
Descrición[editar | editar a fonte]
A entrada á cova atópase a unha altitude de 1.309 metros sobre o nivel do mar. Ten un nivel superior de 1300 metros de lonxitude, habilitado para a visita turística. Un nivel inferior ocupado por un río, con 3.150 metros de lonxitude visitable por espeleólogos e expertos. A temperatura interior é duns 7 graos centígrados, que se mantén constante durante todo o ano. A humidade é do 99%.
Salas[editar | editar a fonte]
O percorrido turístico é guiado, a través das 7 salas:
- Pequenas marabillas
- Gran rotonda
- Fadas
- Cemiterio estalactítico
- Gran vía
- Columna solitaria
- Marabillas
Poden contemplarse magníficas formacións de estalactitas e estalagmitas, nunha cova que impresiona pola súa beleza e tamaño.