Coupe de l'Espérance

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Copa da Esperanza, Coupe de l'Espérance en francés, foi unha competición francesa de rugby creada pola Union des Sociétés Françaises de Sports Athlétiques en 1915. A causa da primeira guerra mundial, o Campionato de Francia de Rugby non es puido disputar, xa que moitos xogadores víronse directamente implicados no conflito. A Copa da Esperanza xogárona xa que logo os xogadores novos que non foran chamados a filas.

A Copa da Esperanza non se debe confundir co Challenge de l'Espérance creado en 1953.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Data da final Vencedor Finalista Resultado Lugar da final Espectadores
1916 Stade Toulousain Stade Français París 8-0
29 de abril de 1917 Stade Nantais UC Stade Toulousain 8-3
1918 Racing club de France FC Grenoble 22-9
4 de abril de 1919 Stadoceste Tarbais Aviron Bayonnais 4-3 Route du Médoc, Le Bouscat

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]