Count von Count

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Count von Count, coñecido en España El Conde Draco, é un dos personaxes do programa infantil Sesame Street (Barrio Sésamo en España).

O conde é un vampiro atípico (gusta da luz) e o seu principal cometido é ensinar aos nenos nocións básicas de matemáticas (contar). Ten a obsesión compulsiva de contar (aritmomanía, existe a crenza de que os vampiros sofren este tipo de desorde mental), sen importar o tamaño, a cantidade ou o molesto que resulta aos outros personaxes.

Mora nun vello castelo cheo de arañeiras que comparte cun bando de morcegos aos que trata como mascotas.

Mentres conta adoita soltar unha gargallada, momento no que soan tronos e lostrega sobre a súa cabeza. As cancións de Count von Count versan sempre sobre contar cousas, e a música sempre se enlaza con ritmos cíngaros (fose cal for a canción).