Cotorra de peito gris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cotorra de peito gris
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Psittaciformes
Familia: Psittacidae
Xénero: Myiopsitta
Especie: Myiopsitta monachus
(Boddaert, 1783)
Subespecies

2–4, ver texto

Sinonimia

Psittacus monachus Boddaert, 1783

A cotorra de peito gris,[2] tamén chamada cotorra arxentina[3] ou cata[4] (Myiopsitta monachus) é unha especie de papagaio da familia Psittacidae. É un papagaio pequeno, de cor verde brillante cun peito gris e abdome amarelo cincento. A súa zona de orixe son as áreas temperadas ou subtropicais da Arxentina e países próximos en Suramérica. É un popular animal de compañía. Establecéronse poboacións silvestres en moitos lugares do mundo xeralmente a partir de animais escapados da catividade, principalmente en Norteamérica e Europa, incluíndo Galicia.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Esta especie foi descrita polo polígrafo francés Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon en 1780 na súa Histoire Naturelle des Oiseaux (Historia natural das aves).[5] O paxaro foi tamén ilustrado nunha placa gravada pintada a man de François-Nicolas Martinet nas Planches Enluminées D'Histoire Naturelle (Pranchas iluminadas de historia natural), que se realizaron baixo a supervisión de Edme-Louis Daubenton para acompañar ao texto de Buffon.[6] Nin na descrición da placa nin no texto de Buffon se incluía o nome científico, pero en 1783 o naturalista holandés Pieter Boddaert acuñou para ela o nome binomial Psittacus monachus no seu catálogo de Planches Enluminées (Pranchas iluminadas).[7] Como Buffon non especificou a orixe do seu espécime, en 1937 o ornitólogo alemán James Peters asignoulle como localización tipo Montevideo, Uruguai.[8] A cotorra de peito gris está agora situada no xénero Myiopsitta, que foi creado polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte en 1854.[9][10] O nome do xénero combina a palabra do grego antigo mus, muos, que significa 'rato' e a palabra neolatina psitta, que significa 'papagaio', aludindo á súa face e partes inferiores de cor gris como o pelo do rato. O epíteto de especie monachus procede do latín tardío e significa 'monxe'.[11]

É unha das especies do xénero Myiopsitta, que ten outra chamada Myiopsitta luchsi. Estas dúas cotorras eran antes consideradas unha soa especie. Porén, debido a diferenzas morfolóxicas e de comportamento e a desemellanzas xeográficas, a especie M. luchsi foi elevada á categoría de especie.[10] A distribución altitudinal de M. luchsi aparentemente non se solapa coa outra especie, polo que é enteiramente, aínda que por pouco, alopátrica.[12] A American Ornithological Society pospuxo o recoñecemento de M. luchsi como especie distinta "debido aos insuficientes datos publicados".[13]

Recoñécense tres subespecies:[14][12]

É a subespecie máis grande.
  • M. m. calita (Boddaert, 1783). Vive nas ladeiras dos Andes ata os 1000 m de altura, desde o sueste de Bolivia (departamentos de Santa Cruz e Tarija) a Paraguai e noroeste da Arxentina, e despois ao oeste da área de monachus, estendéndose polas terras baixas de novo nas provincias de Río Negro e posiblemente Chubut.
É máis pequena que monachus, con ás predominantemente azuis, gris de cabeza máis escura.
É esencialmente idéntica a calita, pero menos amarela por debaixo e en conxunto máis colorida.

As áreas das subespecies encóntranse na área xeral de Paraguai, e alí están insuficientemente delimitadas. A distinción e delimitación especialmente de M. m. calita e M. m. cotorra require maiores estudos.

Igual que outros papagaios neotropicais, a cotorra de peito gris é normalmente situada na tribo Arini, que podería merecer elevarse a caegoría de subfamilia como Arinae. M. monachus pertence ao clado de cola longa destas aves, que mantería o nome Arini/Arinae se este grupo polifilético fose dividido.

Descrición[editar | editar a fonte]

Femia de cotorra de peito gris mantida como animal de compañía

A subespecie nomeada desta cotorra é de 29 cm de longo como media, cunha envergadura alar de 48 cm, e pesa 100 g. As femias tenden a sen dun 10 a un 20% máis pequenas, pero só poden ser sexadas de forma fiable con probas de ADN ou probas das plumas. As partes superiores son verdes brillantes. A fronte e o peito son gris claros cun marcado máis escuro e o resto das partes inferiores de verde claro a amarelo. As rémixes son azul escuras e a cola é longa e vaise estreitando. O peteiro é laranxa. A chamada é un forte e gutural chape(-yi) ou cuak cuaki cuak-ui cuarr, e renxidos skvit.[14][12]

As cotorras domésticas criadas como animais de compañía poden ás veces ter outras cores distintas das naturais. Hainas que son brancas, azuis e amarelas en vez de verdes. Tales cooracións proporcionan menos camuflaxe, pero as que escaparon e crearon poboacións silvestres xeralmente teñen a coloración do tipo silvestre.

Gravacións de son externas
Chamada da cotorra de peito gris, de xeno-canto.org, consultado o 1.08.2018

Comportamento e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Niños en Zaragoza, España
Aves nos seus niños en Santiago de Chile
Myiopsitta monachus

A cotorra de peito gris é o único papagaio que constrúe un niño feito de paus situado nunha árbore ou nunha estruura construída polo ser humano, en vez de usar un burato nunha árbore. Esta especie gregaria a miúdo cría en colonias, construíndo un só niño grande con entradas separadas para cada unha das varias parellas que o utilizan. Na natureza, as colonias poden ser bastante grandes, e as parellas ocupan "apartamentos" separados nos niños, os cales poden ter o tamaño dun pequeno automóbil. Estes niños poden atraer moitos outros inquilinos, como aves de presa como o Spiziapteryx circumcincta, patos como Anas flavirostrise incluso mamíferos. Poñen de 5 a 12 ovos que fan eclosión nuns 24 días.

Algo pouco común entre os papagaios é que as parellas desta especie teñen individuos axudantes, que adoitan ser fillos xa crecidos, que axudan a alimentar as crías (ver selección de parentesco).

A duración da vida desta especie é normalmente de entre 15 e 20 anos,[16] pero rexistráronse máximos de 25 a 30 anos.[17]

Distribución[editar | editar a fonte]

A cotorra de peito gris é moi común globalmente.[1] Na Arxentina, o Brasil e o Uruguai, considérase unha praga agrícola importante (como xa sinalara Charles Darwin, entre outros). A súa explosión poboacónal nas áreas rurais de Suramérica parece estar asociada coa expansión das plantacións de eucalipto para a produción de papel, xa que estes bosques artificiais ofrecen á ave a oportunidade de construír niños ben protexidos onde a competición ecolóxica con outras especies é limitada.[14]

Como especie introducida[editar | editar a fonte]

Cotorra de peito gris no Parc de la Ciutadella de Barcelona.

Existen poboacións estables destas aves que se fixeron silvestres en varios estados dos Estados Unidos e diversas rexións de Europa (concretamente España, Portugal, Azores, Madeira, illas Baleares, Xibraltar, Francia, Córsega, Malta, Chipre, Sardeña, Italia, Grecia, illas do Canal, Gran Bretaña, Irlanda e Bélxica), e tamén na Columbia Británica do Canadá,[18] Brasil, México, Chile, Israel, Bermuda, Bahamas, illas Caimán, illa de Pascua, Porto Rico, Corea do Sur e o Xapón. Como é unha especie de bosques abertos, adáptase doadamente ás áres urbanas.

Cotorra de peito gris en San Juan, Porto Rico

En áreas onde foron introducidas, témese que causen danos á agricultura e ás especies nativas, mentres que algúns discuten que haxa probas de que as colonias que se fixeron silvestres causen danos e opóñense a exterminar estes paxaros. Porén, existen programas de prohibición e erradicación nalgunhas áreas dos Estados Unidos e outros países.[19] Nalgúns países, as poboacións introducidas non parecen suscitar controversisa similares, probablemente porque son pouco numerosas ou porque o seu establecemento en áreas urbanas non supón unha ameaza para as producións agrícolas.

As poboacións que se fixeron silvestres adoitan descender de pobocións fundacionais moi pequenas. Como son sociais e intelixentes, desenvolven algunhas tradicións culturais, como dialectos vocais que difiren entre grupos. En poboacións que descenden dun gran número de aves, hai un conxunto de "dialectos". Porén, se a poboación fundadora é pequena, pode ocorrer un proceso similar á deriva xenética se os fundadores prominentes vocalizan nun "dialecto" pouco común, e este particular xeito de vocalización acaba quedando establecido na colonia final resultante.[20]

Cotorra de peito gris na cidade de Chihuahua, México.
Cotorras de peito gris en Santa Ponsa, Mallorca

As cotorras de peito gris poden verse en Galicia nas Rías Baixas (onde están en expansión),[2] en Madrid, Barcelona, Cádiz, Sevilla, Torremolinos, Málaga, Nerja, València, Tarragona, Roquetas de Mar, Zaragoza, as illas Canarias e Mallorca. En España apareceron por primeira vez en 1985. En parques urbanos con herba, árbores e preto de ríos ou o mar son especialmente frecuentes e abundasn en cidades como Madrid e Barcelona. Como son especies invasoras, convertéronse nun problema para a fauna local, como pombas e pardais, pero non tanto para as pegas. Causan tamén problemas ás explotacións agrícolas preto das cidades. En España prohibiuse a posesión, venda, crianza e tráfico de cotorras de peito gris desde 2013.[21]

Como animal de compañía[editar | editar a fonte]

As cotorras de peito gris son aves sociais e moi intelixentes. Os que as teñen como animais de compañía notan que continuamente desenvolven vocabularios de moitas palabras e frases.[22] Debido a esta capacidade temperán de falar, está superando ás cacatúa como paxaro favorito para ensinarlle a falar. Outro factor que contribúe ao crecemento da súa popularidade é que esta ave ten unha esperanza de vida curta e menor prezo que os papagaios grises africanos.

Como a especie está na lista de pragas agrícolas en varios estados dos Estados Unidos,[23] e en Australia Occidental[24] non é legal neses estados vendela ou posuíla,[23][25] igual que ocorre en España.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2018). "Myiopsitta monachus". doi:10.2305/IUCN.UK.2018-2.RLTS.T45427277A132189848.en.  Falta a |url= (Axuda)
  2. 2,0 2,1 2,2 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. Definición de Cotorra de peito gris no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  5. Buffon, Georges-Louis Leclerc de (1780). "La perruche souris". Histoire Naturelle des Oiseaux (en French). Volume 11. Paris: De L'Imprimerie Royale. pp. 206–207. 
  6. Buffon, Georges-Louis Leclerc de; Martinet, François-Nicolas; Daubenton, Edme-Louis; Daubenton, Louis-Jean-Marie (1765–1783). "Perruche à poitrine grise". Planches Enluminées D'Histoire Naturelle. Volume 8. Paris: De L'Imprimerie Royale. Plate 768. 
  7. Boddaert, Pieter (1783). Table des planches enluminéez d'histoire naturelle de M. D'Aubenton : avec les denominations de M.M. de Buffon, Brisson, Edwards, Linnaeus et Latham, precedé d'une notice des principaux ouvrages zoologiques enluminés (en French). Utrecht. p. 48, Number 768. 
  8. Peters, James Lee, ed. (1937). Check-list of Birds of the World. Volume 3. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 200. 
  9. Bonaparte, Charles Lucien (1854). "Tableau des perroquets". Revue et Magasin de Zoologie Pure et Appliquée. 2nd 6: 145–158 [150]. 
  10. 10,0 10,1 Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2019). "Parrots, cockatoos". World Bird List Version 9.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 11 August 2019. 
  11. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 259, 263. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Juniper, Tony; Parr, Mike (1998). Parrots: A Guide to Parrots of the World. Helm Identification Guides. London: Christopher Helm. pp. 475–476, plate 62. ISBN 1-873403-40-2. 
  13. South American Classification Committee (9 January 2008). "A classification of the bird species of South America (Part 3: Columbiformes to Caprimulgiformes)". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 January 2008. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Collar, Nigel J. (1997). del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi, eds. Handbook of Birds of the World. Volume 4: Sandgrouse to Cuckoos. Barcelona.: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-22-9. 
  15. Amorim, James Faraco; Piacentini, Vítor de Queiroz (2006). "Novos registros de aves raras em Santa Catarina, Sul do Brasil, incluindo os primeiros registros documentados de algumas espécies para o Estado" [New records of rare birds, and first reports of some species, in the state of Santa Catarina, southern Brazil] (PDF). Revista Brasileira de Ornitologia (en Portuguese e English) 14 (2): 145–149. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de decembro de 2008. Consultado o 23 de febreiro de 2020.  (electronic supplement Arquivado 17 de decembro de 2008 en Wayback Machine., PDF)
  16. Fasbach, Laura (23 July 2001). "A squawk in the park". Edgewater Online. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 12 January 2008. 
  17. Kamuda, Melinda L. (19 March 1998). "Quaker Parrots (a.k.a. Monk Parakeets) Care and Training". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 1999. Consultado o 12 January 2008. 
  18. List of birds of British Columbia
  19. "Defra to remove problem monk parakeets from wild". BBC News. 24 April 2011. Consultado o 25 April 2011. 
  20. Buhrmann-Deever, Susannah C.; Rappaport, Amy R.; Bradbury, Jack W. (2007). "Geographic Variation in Contact Calls of Feral North American Populations of the Monk Parakeet". Condor 109 (2): 389–398. doi:10.1650/0010-5422(2007)109[389:GVICCO]2.0.CO;2. 
  21. El País [https://elpais.com/politica/2015/11/11/actualidad/1447244033_751019.html La plaga de cotorras argentinas llega a los 20.000 ejemplares en España]
  22. "The Vocabulary of a Quaker Parrot". Arquivado dende o orixinal o 27 September 2007. Consultado o 12 January 2008. 
  23. 23,0 23,1 "Why are Quaker Parrots Illegal in Some States". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2010. Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  24. "Parrot intercept a reminder to check import rules". Western Australia Department of Agriculture and Food. 8 October 2010. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2013. Consultado o 23 de febreiro de 2020. [...] a monk parakeet, a prohibited species which is not permitted to be imported into or kept in WA. 
  25. "Are Quakers Legal in My State?". Quaker Information Center. 31 December 2004. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2007. Consultado o 12 January 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns internas[editar | editar a fonte]